Esta mañá coñecemos que o número de
desempregados rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego, estos
son os datos:
OURENSE:
Medra a o paro rexistrado en novembro en relación co mes anterior en 849 persoas,
un 3,50 %.
A nivel
interanual, isto é, con respecto a novembro do ano pasado, 2.169 persoas saíron
en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do -
7,96 %.
O número de
parados queda en 25.082, deles 11.433 son homes e 13.649 mulleres, 23.628 son
maiores de 25 anos e 1.454 menores.
Por sectores:
1.363 son da agricultura, 3.265 da industria, 2.783 da construción, 15.363 dos
servizos e 2.308 do colectivo sen emprego anterior.
GALICIA:
O paro rexistrado
de Galicia medrou en novembro en 3.066 persoas con respecto a outubro (un 1,38
%).
A nivel interanual, isto é, con respecto
a novembro do ano pasado, 23.474 persoas saíron en Galicia das listas do paro,
o que supón unha caída do desemprego do – 9,44 %.
O número de parados queda en
225.158, deles 102.709 son homes e 122.449
mulleres, 213.530 son maiores de 25 anos e 11.628 menores.
Deles 8.770
son da agricultura, 27.534 da industria, 26.046 da construción, 144.356 nos
servizos e 18.452 do colectivo sen emprego anterior.
No
mes de novembro rexistráronse en Galicia un total de 225.158 persoas
desempregadas. Isto supón un aumento de 3.066 persoas respecto a outubro, o que
en termos porcentuais se traduce nun incremento do 1,38%.
Galicia rexistra algo máis de dous anos de baixadas consecutivas interanuais (este é o vixésimo quinto descenso, con 23.474 persoas menos, -9,44%).
Este mes de novembro rexistrouse a maior baixada interanual en termos absolutos de toda a serie histórica (estatísticas desde 1996), e a segunda en relativos (a maior foi no ano 1998). É o terceiro ano consecutivo no que se consegue reducir o paro en novembro en termos interanuais
Grazas a esta evolución, Galicia sitúase a niveis de paro inferiores aos de novembro de 2010, isto é, de hai 5 anos.
Con respecto ao aumento mensual, cabe lembrar que novembro é un mes onde se adoitan producir ascensos do paro. Neste caso, trátase da segunda menor, tanto en termos absolutos como relativos, desde 1998
Galicia rexistra algo máis de dous anos de baixadas consecutivas interanuais (este é o vixésimo quinto descenso, con 23.474 persoas menos, -9,44%).
Este mes de novembro rexistrouse a maior baixada interanual en termos absolutos de toda a serie histórica (estatísticas desde 1996), e a segunda en relativos (a maior foi no ano 1998). É o terceiro ano consecutivo no que se consegue reducir o paro en novembro en termos interanuais
Grazas a esta evolución, Galicia sitúase a niveis de paro inferiores aos de novembro de 2010, isto é, de hai 5 anos.
Con respecto ao aumento mensual, cabe lembrar que novembro é un mes onde se adoitan producir ascensos do paro. Neste caso, trátase da segunda menor, tanto en termos absolutos como relativos, desde 1998
ESPAÑA
O número de desempregados rexistrados
nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego baixou no mes de novembro en
27.071 persoas, un – 0,65 % respecto ao
mes anterior.
Trátase da maior redución do paro rexistrado nun mes de novembro en toda a
serie histórica. Nos oito últimos anos o paro rexistrado aumentou máis ou menos
no mes de novembro en 52.340 persoas.
En termos desestacionalizados, o paro reduciuse en 47.381 persoas o mes
pasado. Esta caída tamén é a maior de toda a serie nun mes de novembro. A
variación mensual do paro desestacionalizado reduciuse en 29 dos últimos 31
meses.
No último ano o paro rexistrado diminuíu en 362.818 persoas, a maior
redución anual do paro rexistrado en toda a serie histórica nun mes de
novembro. A redución interanual do desemprego continúa reducíndose a un ritmo
do 8% (8,04%). Non se alcanzaba este ritmo de redución interanual nun mes de
novembro desde o ano 1.999.
Con este descenso, a cifra total de desempregados sitúase en 4.149.298
persoas. Destaca a evolución do paro entre os mozos menores de 25 anos, que se
reduce en termos interanuais en 49.728 persoas, un ritmo de descenso que
alcanza o 11,9%, moi superior á media xeral do 8%.
O paro rexistrado diminúe entre os traballadores de todos os sectores de
procedencia. Baixa entre quen desempeñara a súa última actividade na Construción
con 10.218 desempregados menos (-2,28%), en Agricultura e Pesca en 7.153
persoas (-3,52%), en Industria en 5.311 (-1,35%), en Servizos 1.455 (-0,05%) e
entre o colectivo de persoas Sen Emprego Anterior en 2.934 (-0,81%).
O paro rexistrado baixa en 10 comunidades autónomas entre as que destacan
Andalucía (-17.900), a Comunidade Valenciana (-9.807) e a Comunidad de Madrid
(-4.678). Sobe, en cambio, nos 7 restantes, encabezadas por Illas Baleares
(9.843), Galicia (3.066) e Canarias (1.477).
A contratación indefinida crece un 13% No mes de novembro mantense o
incremento do número de contratacións dos últimos meses. Así, formalizáronse
1.604.843 novos contratos, o que supón un aumento do 15,8%, respecto ao mesmo
mes de 2014.
En novembro rexistráronse 132.867 contratos de traballo de
carácter indefinido, que representa un incremento de 13,01% sobre igual mes do
ano anterior. As contratacións indefinidas representan no mes de outubro o 8,3%
de todos os contratos rexistrados. A contratación indefinida a tempo completo
aumenta un 12,84% con respecto a novembro de 2014.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta