Fago un alto na campaña electoral para asistir, en compañía de
Edelmira Barreiro, ao acto de presentación e a una conferencia dentro do marco
da xornada sobre "Estratexias para un futuro con Ourense como
destino turístico. Aproveitamento da chegada do AVE", que se desenvolveou
na Confederación Empresarial de Ourense (CEO) .
Abiu a xornada o presidente José Manuel Pérez Canal, que puxo de manifesto a
disposición da Confederación Empresarial de Ourense e dos empresarios para
impulsar a estratexia que nos sitúe nas ·mellores condicións para rendibilizar
a chegada do AVE a Ourense”. Destacou o presidente da CEO que “o destino
colocounos como porta de entrada a Galicia desde a meseta, circunstancia que
tamén pode constituír un valor no futuro”. Aproveitou para lembrar “a
existencia de once parques empresariais en toda a provincia, con 300.000 metros
cadrados de chan dispoñible; unha cidade atractiva e moderna, con outros
enclaves repartidos pola provincia de gran beleza e con importantes recursos
históricos, monumentais e paisaxísticos. Todos eles destinos cómodos e seguros,
con aloxamentos de calidade a prezos alcanzables”
Resaltou a aposta da CEO polo
progreso coa posta en marcha de ferramentas como a Oficina de Atracción de
Investimentos, creada recentemente e que está destinada a captar negocios para
a provincia a base de poñer en contacto a potenciais investidores con
emprendedores ou tamén empresarios que teñen un negocio ou unha idea e precisan
financiamento ou alianzas para gañar capacidade financeira.
Admitiu que o entusiasmo do
empresariado ourensán será insuficiente para levar adiante unha tarefa que
precisa a implicación colectiva, por iso apelou ao respaldo das administracións
e institucións para que poida ser unha realidade que achegue beneficios netos
para a provincia de Ourense.
Logo foi o turno do presidente da Deputación
de Ourense, Manuel Baltar, que defendeu a importancia de potenciar a
"Marca Ourense" desde a cooperación, a innovación e a idea de
"crer para crear". Baltar afirmou que a chegada do AVE en 2018 será
un factor de cohesión "que contribuirá a unir o gran "puzzle" de
potencialidades que temos na nosa provincia nos ámbitos cultural, turístico,
tecnolóxico, gastronómico, empresarial e termal; e para que todas as pezas encaixen
debemos ser quen de aproveitar as condicións e oportunidades que temos para
achegar esa realidade económica e competitiva".
Destacou "as oportunidades
inmediatas" que se lle presentan á provincia de Ourense para posicionarse
e difundir as súas potencialidades, entre as que citou o feito de que Ourense
"será a provincia protagonista da "Vuelta a España" 2016 coa
disputa de catro etapas en territorio ourensán, converténdose na provincia de
máis relevancia nos 72 anos de historia desta proba ciclista". Tamén
lembrou o Plan "Ourense, a provincia termal" que a Deputación está a
desenvolver conxuntamente coa Xunta de Galicia, e citou como exemplo da boa
promoción que se está a facer neste ámbito o feito de que "os balnearios
da provincia tiveron na pasada ponte da Constitución unha ocupación do 100
%".
Outros importantes aspectos de
promoción turística que estamos a vivir, en opinión de Manuel Baltar, son os
traballos para lograr que a Ribeira Sacra sexa distinguida como Patrimonio
Mundial da Unesco, e a oportunidade que suporá de promoción deportiva que o COB
xogue na ACB na vindeira tempada. "Todo iso, unido a que en Ourense
contamos co centro de I+D+I máis importante de Galicia, a Tecnóple; que somos
líderes en denominacións de orixe vitivinícola e na exportación de lousa, e
tamén recoñecidos internacionalmente polo nosos sectores termal,
agroalimentario e textil, fai que se abra ante nós un futuro do máis alentador
que temos que saber aproveitar con impulso que nos dará a chegada da alta
velocidade en 2018", dixo Manuel Baltar.
E logo foi o turno do ponente e Doménec
Biosca, experto en turismo e presidente da Asociación de directivos e expertos
en empresas turísticas, que comezou dicindo que “crer é crear” e que é
necesario “empuxar todos a un tempo e non poñer pegas”, sen deixar marxe “a que
ninguén se dedique a pegar tiros nos nosos propios pés·. Afirmou con
rotundidade que “o ave significará para Ourense o que os ourensáns se propoñan”,
baseándose na experiencia que supuxo o AVE noutras cidades españolas, das que
nomeou repetidamente a Valladolid, Girona, Tarragona, Barcelona, Sevilla ou Málaga;
desta última indicou que “os malagueños, unidos, están a conseguir un
espectacular despegamento e convertela nunha nova Barcelona”.
Para logralo deu algunhas pistas,
aínda que a inmensa maioría delas pasan pola actitude dos propios ourensáns, de
“resaltar e rendibilizar os moitos valores dos que dispón”, canalizados a
través do liderado institucional. Entre eles referiuse á importancia do Campus
para ofrecer una a formación universitaria de calidade, a formación de
estudantes estranxeiros, unha importante rede de contactos (utilizando o gran
número de galegos repartidos polo mundo en postos ou situacións de privilexio. “Non
se imaxinan o importante que pode ser ter galegos por todos os sitios”, dixo,
encontros empresariais, e así unha longa lista de iniciativas.
Insistiu en colocar por encima de
todas elas a capacidade e o entusiasmo da sociedade ourensá para potenciar a
marca Ourense, xa que a marca é o que os demais opinan de nós.
Ademais de destacar a
colaboración institucional, apuntou algunhas cuestións básicas destinadas ao
ámbito xeral e que afectan a cada cidadán ou profesional, no ámbito que sexa.
Nesa especie de catecismo do márketing sinalou que “se uno non cre en si mesmo,
nada funcionará”, “o AVE é como unha especie de sangue que se move polas veas
dos territorios”, “todos xuntos podemos ser unha cadea de atractivos mediáticos
de confianza”, “as novas tecnoloxías son unha ferramenta importantísima e
imprescindible”, “os clientes queren fiabilidade, facilidades, ambiente
festivo, que lles vendan felicidade de forma activa, persuasión e fascinación
polo que ve ou lle ensinan”.
Manifestou o profesor Biosca que “os
novos retos han de responder as demandas dos visitantes, ofrecendo servizos
coordinados”, así como que “resulta imprescindible incorporar a propína
dixital, consistente en que os clientes se fagan unha foto en cada negocio ou
en cada destino, diante dos produtos á venda coas marcas e o nome do negocio
detrás (unha especie de photocall), que despois propagarán a través das redes
sociais”, multiplicando así o efecto da mensaxe.
Considerou esencial “dispoñer de
wifi gratuíto nas rúas e información de todos os eventos en todos os sitios”,
así como a necesidade de institucionalizar unha estratexia destinada “a
fidelizar aos clientes que nos visitan, pedíndolles calquera contacto
tecnolóxico para enviarlles logo información constante da nosa actividade e
manterlles ao tanto do que estamos a facer en cada momento”.
Sen dúbida una interesante
ponencia, que ven a corroborar o que levo moitos anos defendendo, que non é
outra cousa que é o extraordinario cambio que experimentará Ourense coa chegada
do tren de alta velocidade.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta