martes, 1 de diciembre de 2015

O PP de Ourense avanza nos preparativos das vindeiras eleccións

Onte tivemos reunión da Xunta Directiva do Partido Popular de Ourense, máximo órgano de dirección, con motivo do próximo inicio da campaña electoral para os comicios do 20 de decembro. A vinte días das eleccións xerais, a xunta directiva contou ademais coa participación dos candidatos populares ao Congreso e ao Senado.

Serviu para dar conta de todos os preparativos realizados para as eleccións do 20 de decembro, con especial atención aos actos de campaña que durante quince días desenvolveranse en toda a provincia, así como escoitar as inquedanzas e suxestións dos alcaldes populares.

Na mesma reunión, o presidente do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, expuxo aos presentes un decálogo en defensa dos pequenos concellos, subliñando que constitúen as administracións públicas máis saneadas, as que mellor están a cumprir cos obxectivos de estabilidade e as que menos custan. Os concellos, dixo Baltar, son o eixo da vertebración do territorio e garanten os servizos públicos esenciais para os seus veciños. Pero sobre todo, engadiu, “son esenciais para combater un dos problemas máis importantes que ten a nosa provincia, como é o despoboamento do medio rural”.

Esta mesma cuestión foi tratada por Miguel Ángel Viso, número un ao Congreso e que falou en nome de todos os candidatos, incidindo no feito de que vivimos nunha provincia rural “territorio polo que hai que traballar e que ten moitas potencialidades que temos que explotar”.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta