Hoxe circulou o primeiro tren comercial - un Alvia 370 - pola nova liña de alta velocidade de Zamora a Madrid.
Foi tamén a primeira vez, tamén, que un tren a Madrid tiña a súa saída na capital zamorana, cuxa estación era o inicio e non de paso.
Os billetes para este novo servizo Alvia Zamora-Madrid teñen un prezo promocional de 20 euros por traxecto para compras realizadas ata o 7 de xaneiro. Os viaxeiros poderán beneficiarse desta oferta para os desprazamentos que se realicen desde o 17 de decembro ata o 29 de febreiro de 2016.
Este novo tren permite realizar a viaxe Zamora-Madrid en 1 hora e 33 minutos, fronte a 1 hora e 55 minutos actuais, polo que se mellorará en 22 minutos o tempo actual.
O servizo prestarase cun tren Talgo da serie 730 con 262 prazas que realizará unha viaxe de ida e outro de volta todos os días circulando polo novo tramo de alta velocidade entre Olmedo e Zamora.
Os trens entre Galicia e Madrid verán reflectidas as melloras dos tempos de viaxe en xaneiro de 2016 grazas á apertura deste tramo de alta velocidade.
Felicidades aos zamoranos que hoxe reciben un AVE como o teñen outros territorios de España e que constituirá unha gran oportunidade para o seu desenvolvemento económico.
Como dicía o meu compañeiro Fernando Martínez Maillo "grazas á alta velocidade por primeira vez a capital zamorana vai ser destino e non lugar de tránsito"
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta