miércoles, 16 de diciembre de 2015

Impulsando o Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020 nos ámbitos da innovación e da demografía

Saliento como una nova de importancia que hoxe presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidiu en Santiago a reunión do comité asesor do Plan Estratéxico 2015-2020, na cal participaron tamén os conselleiros de Facenda, Valeriano Martínez; o de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; e o de Política Social, José Manuel Rey Varela.
Como novidade, incorporouse ao comité asesor Benita Ferrero-Waldner, que foi comisaria europea de Comercio, de Asuntos Exteriores e de Política Europea de Veciñanza. Precisamente, Ferrero-Waldner achegará a súa ampla experiencia en eidos como a formación profesional, a internacionalización ou a innovación.
O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, destacou que a reunión do comité asesor estivo centrada principalmente en dous ámbitos de actuación, a innovación e a demografía. “Queremos que o comité asesor analice o traballo feito ata agora e posteriormente participe na revisión anual do plan”, sinalou. 

Ademais, explicou que o documento será remitido ao Parlamento antes de que comece o vindeiro período de sesións.
Pola súa banda, Benita Ferrero-Waldner puxo en valor que Galicia é unha das poucas rexións europeas que contarán cunha planificación estratéxica a medio prazo, e tamén resaltou a importancia da participación da sociedade civil neste plan.
Ademais, na reunión do comité asesor tamén participaron outros membros como Francisco Puga, presidente de Delta Vigo; Manuel Gómez-Franqueira, presidente do Grupo Coren; Ángel Prado, enxeñeiro especialista en seguridade informática e responsable de seguridade da compañía TIC Salesforce; Santiago Lago, catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Vigo e director do Foro Económico de Galicia; ou Luis Caramés, catedrático de Facenda Pública da Universidade de Santiago de Compostela e impulsor do grupo de análise e debate Manuel Colmeiro.
Retos

Entre os tres grandes retos do Plan Estratéxico 2015-2020 están o de crear unha Galicia moderna e cohesionada social e territorialmente; aumentar o emprego e a renda dos galegos, reducindo a fenda entre homes e mulleres; e retomar a senda do crecemento demográfico ata que Galicia acade unha taxa de fecundidade similar á media europea (1,59 fillos por muller)


O Plan Estratéxico Galicia 2015-2020 ten que servir para consolidar a recuperación económica na segunda metade da década. O obxectivo é acadar a medio prazo unha Galicia máis igualitaria e con máis oportunidades, con máis emprego e máis produtividade, cunha maior cohesión territorial e social e cun benestar reforzado.
Proceso de participación

A Consellería de Facenda deu inicio o pasado mes de xullo ao proceso de participación da sociedade civil na elaboración do Plan Estratéxico 2015-2020, co obxectivo de coñecer as prioridades dos sectores participantes e obter así un documento final máis enriquecido polas achegas dos axentes sociais. O documento será remitido ao Parlamento para que sexa analizado e debatido entre os grupos parlamentarios.


Neste sentido, a Xunta impulsou tres foros de debate temáticos e mesas especializadas sobre demografía; modelo de crecemento económico e estratexias de innovación, internacionalización e emprendemento; e sobre cohesión territorial e desenvolvemento. Este proceso de participación contou con máis de 220 especialistas de diversos ámbitos.
O Plan deséñase non como un plan da Administración, senón como un proxecto conxunto da sociedade civil, co obxectivo primordial de que Galicia sexa un territorio con máis emprego, máis competitividade e máis benestar. Para iso, a súa elaboración parte dun modelo evolucionado da tripla hélice (Administración, Universidade e Empresa), ao que se lle engade a sociedade civil.
Ademais, tamén se constituíu cun comité asesor que conta coa presenza de persoas de recoñecido prestixio no eido da empresa, a innovación, os recursos humanos, a universidade e as políticas públicas. Este comité encárgase de estudar e formular as recomendacións sobre as necesidades e capacidades da Galicia da segunda década do século XXI, en permanente conexión coa cidadanía a través das entidades e colectivos que representan os seus membros.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta