Unha
vez celebradas as eleccións xerais, o pasado 20 de decembro, e realizado o
escrutinio xeral e a proclamación de electos polas Xuntas Electorais
Provinciais, os candidatos elixidos debemos entregar ante a Secretaría Xeral do
Congreso a acta expedida polo órgano correspondente da administración electoral
e encher a declaración de actividades, tal e como se establece na Lei Orgánica
do Réxime Electoral Xeral (LOREG) e no Regulamento do Congreso.
Este
trámite é o que cumprimentei no día de hoxe no Congreso dos Deputados,
entregando a credencial expedida pola Xunta Electoral Provincial de Ourense e a
Declaración de Actividades e a de Bens e Rendas debidamente cumprimentadas. Tamén cubrí os pertinentes formularios recibí unha completa relación de notas informativas en relación co
funcionamento do Congreso na XI Lexislatura e un terminal telefónico.
O
seguinte paso para que os candidatos que fomos elixidos o pasado 20 de decembro
adquiramos a condición plena de deputados é a Sesión Constitutiva do Congreso,
que se celebrará o vindeiro 13 de xaneiro de 2016, ás 10,00 horas, tal e como
establece o Real Decreto de convocatoria de eleccións, aprobado o 26 de outubro
en Consello de Ministros e publicado no Boletín Oficial do Estado este 27 de
outubro.
O
desenvolvemento da sesión constitutiva, na que se designa ao presidente e aos
membros da Mesa do Congreso e realízase o chamamento, un por un, aos novos
deputados para que digan se acatan a Constitución, está regulada nos artigos 2
a 4 do seu Regulamento:
"Artigo
2: A
sesión constitutiva será presidida inicialmente polo Deputado electo de maior
idade dos presentes, asistido, en calidade de Secretarios, polos dous máis
novos.
Artigo
3: 1.
O Presidente declarará aberta a sesión e por un dos Secretarios darase lectura
ao Real Decreto de convocatoria, á relación de Deputados electos e aos recursos
contencioso-electorais interpostos, con indicación dos Deputados electos que
puidesen quedar afectados pola resolución dos mesmos.
2.
Procederase seguidamente á elección da Mesa do Congreso, de acordo co
procedemento previsto no artigo 37 deste Regulamento.
Artigo
4: 1.
Concluídas as votacións, os elixidos ocuparán os seus postos. O Presidente
electo presentará e solicitará dos demais Deputados o xuramento ou promesa de
acatar a Constitución, a cuxo efecto serán chamados por orde alfabética. O
Presidente declarará constituído o Congreso dos Deputados, levantando
seguidamente a sesión.
2.
A constitución do Congreso será comunicada polo seu Presidente ao Rei, ao
Senado e ao Goberno."
Recibirá respost