Onte comezou un novo ano co benestar que produce ver e escoitar -no meu caso por televisión - a espectacular sala dourada Musikverein vienesa á Filarmónica de Viena dando a benvida ao 2016 no tradicional Concerto de Ano Novo, que nesta ocasión maxistralmente drigió o mestre letón Mariss Jansons
Vals, polcas rápidas e marchas dos Strauss combináronse con outras obras que soaron por primeira vez. Unha delas gustoume especialmente, en concreto o vals titulado "Raparigas de Viena" de Carl Michael Ziehrer que foi exquisitamente asubiada pola orquestra e o propio director.
E a maiores destacar a excelencia interpretativa dos solistas do Ballet da Ópera de Viena - vestidos de maneira imopecable- danzando nos xardíns do Palacio de Verán de Schönbrunn.
E todo iso magníficamente presentado pola televisión pública austríaca ORF que nos mostraba imaxes preciosas de parques, riós, montañas, palacios, pobos e un longo etcétera dese gran país que é Austria.
En fin, unha excelente maneira de comezar 2016.