Convocado para o 5 de marzo o XVII congreso do Partido Popular de Ourense
Asisto onte á reunión da Xunta Directiva do PP na que foi aprobada por
unaminimade a convocatoria do 17 congreso do Partido Popular de Ourense que
baixo o lema “Ourense ten forza” é se celebrará o próximo 5 de marzo.
O congreso reunirá no pavillón dos deportes Paco Paz a 1.070
compromisarios, dos cales 880 serán electos, 13 pertencentes a Novas Xeracións
e 177 que teñen a condición de compromisarios natos por pertencer á xunta
directiva provincial ou á comisión organizadora do congreso.
O concello que achegará o maior número de representantes será Ourense
cidade con 116, seguido de Xinzo de Limia con 44 e Verín con 42. O prazo de
presentación de candidaturas permanecerá aberto ata o próximo 5 de febreiro, ás
13.00 horas, e precísanse 75 avais de afiliados.
Tamén foi aprobado o regulamento do congreso, e os relatorios que se presentarán nesta
convocatoria e que son tres. O primeiro leva por título “Futuro e
Comunicacións”, e será defendido por Cristina Romero. O segundo abordará o
“Turismo e Termalismo” e será Gabriel Alén Castro, alcalde de Cenlle, quen a
presentará ante os compromisarios. O último relatorio, “A provincia
intelixente; Ourense como referencia”, será presentada pola senadora Miri
Barreira.
A xunta directiva provincial tivo un emotivo momento cando os asistentes
homenaxearon cun prolongado aplauso ao recentemente falecido Guillermo Lago,
alcalde da Gudiña. Tamén houbo unha felicitación especial para Miguel
Santalices, polo seu nomeamento como presidente do Parlamento de Galicia, e
para Cristina Romero pola súa nova condición de vicevoceira do grupo
parlamentario popular na cámara galega.