domingo, 24 de enero de 2016

Definindo as liñas estratéxicas a seguir para a defensa dos intereses da provincia

Esta semana en Ourense mantivemos una reunión os deputados e senadores ourensáns, Miguel Ángel Viso, Celso Delgado, Miri Barreira, Carmen Leyte e Francisco José Fernández, co presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar.

Todos os presentes coincidimos en subliñar a necesidade de loitar, tanto no Congreso como no Senado, por evitar que se paralicen proxectos básicos para o futuro de Ourense, con especial atención á conexión coa meseta a través da alta velocidade. Pero tamén quedou constancia doutro obxectivo prioritario como é frear a perda de poboación na provincia, para o que e faremos un particular esforzo no apoio ás políticas e programas que desde as institucións provincial e locais póñanse en marcha neste sentido.

Ademais doutros asuntos, no ámbito económico non faltaron referencias a eixos básicos para Ourense como o termalismo, chamado a ser unha fonte de xeración de riqueza e de emprego, e que debe beneficiarse do auxe turístico que vive Galicia, cos 4,6 millóns de turistas recibidos o pasado ano.

Xa en clave nacional, Manuel Baltar interesouse polas impresións recollidas polos representantes ourensáns tanto no Congreso como no Senado, á hora de analizar o futuro político de España. Concidimos en apuntar que calquera opción de goberno  que se marque como obxectivos a volta a políticas que nos levaron a unha profunda crise e que pretenda romper a unidade de España só conseguirá xerar a desconfianza xeneralizada internacional e a paralización  de investimentos, hoxe máis necesarias que nunca para continuar afianzando a recuperación e a creación de emprego.

Ao termo do encontro, Manuel Baltar enmarcou esta reunión na liña de acción da que fai gala o Partido Popular de Ourense, cuxos órganos de goberno e representantes nas principais institucións galegas e nacionais  “traballan sempre co mesmo esforzo e intensidade e non só cando chegan períodos electorais”.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta