A pasada semana
coñeciamos a noticia de que en España, no ano 2015, vendéronse un total de
1.034.232 turismos, un 20,9% máis que no mesmo exercicio do ano anterior.
Despois de seis longos anos, o mercado do automóbil conseguiu exceder a
barreira do millón de unidades, rexistrando ademais o maior crecemento entre os
principais mercados europeos.
Todas as canles
mostran un resultado positivo no ano. A canle de empresa,
do mesmo xeito que vén sucedendo nos últimos meses, aumentou de maneira
significativa. As empresas incrementaron as súas compras no exercicio un 30,9%
cun total de 283.096 unidades. A canle de particulares crece en 2015 un 18,8%,
impulsado polo Plan PIVE 8, cun total de 574.575 unidades. Por último, a canle
de rent a car, grazas ao bo comportamento do sector turístico, creceu neste ano
un 13,7%, cun volume total de 176.561.
En Galicia, no ano
2015, vendéronse un total de 39.048 turismos, un 12,02 % máis que no mesmo
exercicio do ano anterior.
En Ourense, no pasado ano, vendéronse 4.292
unidades, un 9,46 % máis que no ano 2014.
Resaltar que a
renovación do parque de vehículos é unha das máis eficientes medidas para a
redución do consumo enerxético, con efectos adicionais positivos en materia
ambiental e de seguridade viaria.
Por iso, co obxectivo
de fomentar a devandita renovación e tamén para dar un impulso polo lado
da demanda ao sector da automoción, fundamental para a industria española, púxose
en marcha polo Goberno de Mariano Rajoy
o Programa de Incentivos ao Vehículo Eficiente (PIVE), que tivo xa oito
convocatorias de axudas entre 2012 e 2015 cun desembolso de axudas total por parte do Estado de 1.115 millóns de
euros.
Ademais en novembro
do pasado ano o Consello de Ministros aprobou un Real Decreto para modificar
algúns aspectos do Real Decreto 380/2015, do 14 de maio, polo que se regula a
concesión directa de subvencións do Programa de incentivos ao vehículo
eficiente (PIVE 8), coa finalidade de manter a continuidade do programa ata o
31 de xullo de 2016 ou ata o esgotamento dos fondos se isto sucedese con
anterioridade.
O balance destes 8
programas non pode ser máis positivo. Unha
vez conclúa a presente edición, permitiría substituír un total de
1.185.000 vehículos antigos polas mesmas unidades de vehículos novos e a redución
de emisións de 850.000 toneladas de CO2 á atmosfera, grazas á maior eficiencia enerxética dos
novos vehículos.
Desde o punto de
vista industrial os efectos positivos dos programas PIVE foron tamén moi
relevantes. Por unha banda na produción, que
aumentou ata os 2,6 millóns de unidades previstas para 2015, (situando a España como oitavo produtor
mundial de turismos), desde os 1,9 millóns en 2012. Por outro, permitindo a
atracción de novos investimentos e a asignación de novos modelos ás plantas
españolas (22 novos modelos asignados desde o ano 2012).
Se se ten en conta ademais o importante o efecto
tractor do sector de vehículos automóbiles sobre o sector industrial, (sector
de compoñentes que supoñen un 75% do
total de valor engadido nun vehículo e sectores de materias primas como o aceiro e plásticos), como sobre o
sector servizos, como os seguros, talleres, xestorías ou concesionarios, é
aínda máis evidente o importante impacto destes Programas sobre o conxunto da
economía española, e desde logo sobre a galega e a ourensá.
Recibirá resposta