Hoxe a maioría dos medios de comunicación realizan amplas
valoracións da sesión constitutiva do Congreso dos Deputados, que foi todo
menos rutineira.
En calquera caso serviu para que se vise con claridade os modos
e actitudes dos representantes políticos elixidos polos votantes fai non menos
dun mes.
Limitareime nesta entrada a pedir a todos os que onte
adquiriron a condición plena de deputados: respecto e cordialidade.
Os electores galegos decidiron democráticamente o pasado 20 de decembro que Galicia
aporta ao Congreso 23 deputados. 15
deles estréanse e 8 continuamos.
Quixeron os votantes da nosa Comunidade que o
PP de G teña dez deputados, que a coalición “En Marea” integrada por Podemos, Anova, Esquerda Unida e Ourense en
Común, teña seis deputados, que o PS de G-PSOE aporte outros seis deputados, e
un parlamentario Ciudadanos.
Non
poden os recentemente chegados de “En Marea” aos que dou a benvida, arrogarse a representación en
exclusiva do pobo galego e desprezar aos que non compartimos o seu programa nin
os seus obxectivos.
Sobre este tema escribe en ABC.es un elegante e irónico artigo do xornalista José Luis Jiménez, que reproduzo a continuación.
Recibirá resposta