Hoxe o INE difunde os
datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) correspondente ao IV Trimestre de
2015.
Estos son os principais datos do conxunto de España:
- O número de
ocupados increméntase en 45.500 persoas no cuarto trimestre de 2015 respecto ao
terceiro (un 0,25%) e sitúase en 18.094.200. En termos desestacionalizados a
variación trimestral é do 0,73%. O emprego creceu en 525.100persoas nos 12
últimos meses. A taxa anual é do 2,99%.
- A ocupación sobe
este trimestre en 31.200 persoas no sector privado e en 14.300 no público. Nos
12 últimos meses o emprego aumentou en 452.000 persoas no sector privado e en
73.100 no público.
- O total de
asalariados con contrato indefinido aumenta en 103.400 este trimestre, mentres
que o de asalariados con contrato temporal diminúe en 63.600. En variación anual,
o emprego indefinido incrementouse en 170.600 persoas e o temporal en 335.100.
O número de traballadores por conta propia sobe en 6.900 este trimestre. Nos 12
últimos meses creceu en 23.300.
- A ocupación aumenta
este trimestre na Agricultura (70.200 ocupados máis) e nos Servizos (54.900), e
descende na Industria (55.500 menos) e na Construción (24.100). No último ano o
emprego subiu en todos os sectores.
Nos Servizos hai
421.500 ocupados máis, na Agricultura 50.800, na Construción 28.100 e na
Industria 24.600.
- Por comunidades
autónomas, os maiores incrementos de ocupados este trimestre danse en Andalucía
(61.300 máis), Comunidad de Madrid (39.400) e Comunitat Valenciana (22.600). En
Illes Balears a ocupación baixa en 53.800. No último ano todas as comunidades,
salvo Cantabria, incrementan a súa ocupación. Os maiores aumentos obsérvanse en
Andalucía (137.500 máis), Comunidad de Madrid (56.700) e Canarias (54.700).
- O número de parados
baixa este trimestre en 71.300 persoas (- 1,47%) e sitúase en 4.779.500.
En termos
desestacionalizados a variación trimestral é do - 3,66%. Nos 12 últimos meses o
paro diminuíu en 678.200 persoas (- 12,43%). É o maior descenso do número de
parados da serie histórica da EPA.
- A taxa de paro
sitúase no 20,90 %, o que supón 0,29 puntos menos que no trimestre anterior. No
último ano esta taxa descendeu en 2,81 puntos.
- Por comunidades, as
maiores baixadas do paro este trimestre danse en Andalucía (83.600 parados
menos), Comunitat Valenciana (22.300) e Canarias (20.100). En termos anuais, as
maiores reducións prodúcense en Andalucía (197.400 menos) e Cataluña (87.900).
- O número de activos
diminúe este trimestre en 25.800 ata 22.873.700. A taxa de actividade baixa
sete centésimas ata o 59,43%. No último ano a poboación activa descendeu en
153.200 persoas.
Recibirá resposta
Recibirá resposta