Hoxe coñecemos o
Anuncio da “Dirección General de Carreteras” do Ministerio de Fomento -
publicado na web da Plataforma de Contratación do Estado con data 30 de
decembro de 2015 - de Licitación do
contrato de servizos para a redacción do
proxecto de construción da autovía A-76. Ponferrada-Ourense. Tramo Requejo
(León) - A Veiga de Cascallá (Ourense). Anuncio que será publicado de inmediato
no BOE.
Diante desta nova, teño que valorar especialmente
o cumprimento do compromiso explicitado pola ministra Ana Pastor de que este
tramo sería licitado antes de que concluíse 2015.
Compromiso concretado tamén nos
orzamentos do Estado, como o acredita que para este novo tramo contémplanse 500.000 € nos PGE para 2016 así
como estiveron previstos 150.000 € no
PGE de 2015.
O tramo que se saca agora a licitación
ten unha lonxitude aproximada do tronco de 10,70 Km.,una ligazón (coa estrada
N-120 e de acceso a Biobra) e no que se refire a estruturas (10 viadutos, 3
túneles e 2 falsos túneles)
O prazo fixado para a redacción do
Proxecto é de dezaoito meses a partir da firma do contrato. E o orzamento para
a licitación dos traballos é de 2.951.795,00 € (IVE incluído).
O
orzamento aproximado das obras que no seu día se executen ascenderá a
184.458.941,88 € (sen incluír o IVE)
IMPULSO AO PROXECTO DA
A-76
O
Proxecto da Autovía A-76 entre Ourense e Ponferrada, recibiu un forte impulso do ministerio que dirixe Ana Pastor, na X
Lexislatura que está a rematar.
Tratáse dunha estrada de
gran importancia para a mellora das comunicacións entre Castela-León e Galicia,
sendo a primeira prioridade o tramo entre Valdeorras e O Bierzo.
Así o BOE do 8 de febrero
de 2014, publicou o anuncio da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia
sobre a Resolución do Ministerio de
Fomento pola que se aproba o expediente de Información Pública e aprobación
definitiva do Estudio Informativo "Autovía A-76. Tramo:
Ponferrada-Ourense". Clave:
EI-1-E-177. Provincias de: León, Lugo e Ourense.
E desde xaneiro de 2015, o
Ministerio de Fomento está a redactar o Proxecto de Trazado e Construción do
tramo entre Villamartín da Abadía e
Requejo (7,6 km) , na
provincia de León.
Estes dous tramos, en fase
de proxecto, dispoñen de consignación orzamentaria nos PGE de 2016. O primeiro
en contía de 263.830 € e o segundo de 201.530 €.
O Partido Popular de
Ourense seguirá considerando prioritaria na súa acción política o impulso a
esta importante via de alta capacidade tan necesaria e rendible social e
economicamente e farao como ata agora coordinándose cos seus homólogos de León
e de Lugo.
Recibirá resposta