miércoles, 6 de enero de 2016

O número de ocupados ao finalizar o ano 2015 aumenta en 533.186 afiliados medios máis, o 3,18 %.

Onte coñecemos que no conxunto de España a afiliación media á Seguridade Social alcanzou a cifra de 17.308.400 ocupados ao finalizar o ano 2015, tras sumar en decembro 85.314 afiliados (0,50 %). Este foi o maior incremento da serie histórica.

En termos interanuais, 2015 pechou con 533.186 afiliados medios máis, o 3,18 %. 

BALANCE RESPECTO AO MES ANTERIOR

O Réxime Xeral rexistrou un aumento de 86.527 (0,62 %), ata alcanzar os 14.079.175 ocupados. Por sectores, destaca Comercio e Reparación de vehículos a motor que suma 31.914 ocupados; Asistencia Sanitaria e Servizos Sociais con 14.200 persoas máis; Administración Pública e Defensa aumentan en 8.390 e Actividades Administrativas e Servizos Auxiliares que o fai en 5.256 persoas.

En canto ao Sistema Especial Agrario, este crece en 16.535 afiliados (2,07 %), ata situarse en 806.991 afiliados medios, e o Sistema Especial do Empregados do  Fogar aumenta en 340 (0,08 %), e alcanza os 430.109 ocupados. 

En sentido contrario, o maior descenso rexístrase no sector da Construción con 15.169 afiliados medios menos en decembro.

O Réxime de Autónomos conta con 3.167.999 persoas, tras incrementarse en 1.811 (0,06 %). No  Réxime do Mar, en coherencia con esta época do ano,  a ocupación decrece en 2.986 (-4,93 %), ata os 57.599. Finalmente, o do Carbón sitúase en 3.626 afiliados medios tras descender en 39 persoas (-1,05 %).

En canto ao dato desestacionalizado, é o mellor mes de decembro da serie histórica con 62.681 afiliados máis, dato que subliña o bo rexistro de ocupación no sistema de Seguridade Social.

Por Comunidades Autónomas, a afiliación aumenta na maioría das Comunidades Autónomas, destacan Andalucía (52.225), Comunidad de Madrid (14.766), Comunidade Valenciana (9.199), Cataluña (8.374),Canarias (4.549) e País Vasco (3.766).  

RESPECTO DE 2014

En termos interanuais, o Sistema  gañou 533.186 ocupados, o 3,18 %, a cifra máis alta nun mes de decembro desde 2006 (609.673). En concreto, destaca o bo comportamento do Réxime Xeral, que incorpora 492.568 traballadores (3,63 %).

No Réxime Especial de Traballadores Autónomos hai que sinalar que a taxa aumentou un 1,35 %, o que se traduce nun crecemento de 42.193 persoas. O Réxime do Mar baixóu un 2,11 % (-1.241) e o Carbón rexistrou un descenso de 424 persoas (-10,47 %).

En relación ao ano pasado a ocupación crece en todas as provincias e Comunidades Autónomas, destacando Baleares (4,92 %), a Región de Murcia (4,18 %), Comunidade Valenciana (3,96 %) e Comunidad de Madrid (3,89 %).

Galicia:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado decembro en 946.122 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 3.008 persoas afiliadas menos respecto ao mes anterior (- 0,32 %). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta Comunidade un incremento de 19.641 ocupados (2,12 %). 

A afiliación ao Réxime Xeral terminou 2015 con 707.982 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 217.259 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 20.880 afiliados medios.

Ourense:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado decembro en 99.559 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 312 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (- 0,31 %). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un incremento de 858 ocupados, (0,87 %). 

A afiliación ao Réxime Xeral terminou 2015 con 73.529 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 25.829 afiliados medios. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta