No cuarto trimestre de 2015 a poboación galega de 16 ou máis anos situouse en 2.353.800 persoas, das cales 1.255.200 clasifícanse como activas, o que sitúa a taxa de actividade no 53,3%. Con respecto ao trimestre anterior, o número de activos diminúe en 6.700 persoas e a taxa de actividade dúas décimas.
Con respecto ao mesmo trimestre
de 2014, o número de activos diminúe en 9.100 persoas e a taxa de actividade
faino en dúas décimas.
A ocupación diminúe en 6.500 persoas no cuarto trimestre de 2015
respecto á cifra do trimestre anterior e sitúase en 1.032.500 ocupados. A taxa
de ocupación cae dúas décimas neste trimestre ata o 43,9%.
Nos últimos doce meses o número de ocupados aumentou en 32.100 persoas,
o que supón unha suba do 3,2% en termos relativos.
Por sexo, neste trimestre baixa a ocupación masculina pero aumenta a
feminina: o número de ocupados varóns diminúe en 8.100 persoas respecto ao
terceiro trimestre do ano 2015 e a ocupación das mulleres aumenta en 1.600
persoas. En termos de taxas de ocupación, isto tradúcese nunha caída da taxa de
ocupación masculina de sete décimas e un incremento de dúas décimas na
feminina.
Con respecto ao cuarto trimestre do ano 2014, o número de homes
ocupados aumenta en 18.700 persoas (un 3,6%), mentres que o de mulleres
ocupadas faino nun 2,8%.
Atendendo aos sectores de actividade económica (segundo a CNAE 2009), o
número de ocupados nos servizos baixa en 4.900 persoas no trimestre e sitúase
en 732.400 persoas. A industria perde 4.700 empregos con respecto ao trimestre
anterior. Por outra banda, aumenta a ocupación na construción (2.600 persoas) e
no sector primario (600 persoas)
Con respecto ao mesmo trimestre do ano 2014, o número de ocupados aumenta
en todos os sectores de actividade. A ocupación na construción medra un 11,4%,
no sector primario un 3,6%, no sector servizos un 2,6% e na industria un 2,5%.
A taxa de temporalidade, calculada como a porcentaxe de asalariados con
contrato temporal sobre o total de asalariados, diminúe 2 puntos neste
trimestre, ata situarse no 25,5%.
No cuarto trimestre de 2015 en Galicia había 222.700 persoas en paro,
cifra moi similar á do trimestre anterior. A taxa de paro mantense no 17,7%.
Con respecto ao cuarto trimestre do ano 2014, o número de parados baixa
en 41.100 persoas (un 15,6%) e a taxa de paro 3,2 puntos.
Por sexo, con respecto ao trimestre anterior, aumenta o paro masculino
e diminúe o feminino: o número total de homes parados sitúase en 111.300
persoas (700 máis que hai tres meses) e o de mulleres é de 111.400 persoas (900
menos). A taxa de paro masculina aumenta, en consecuencia, 3 décimas e a
feminina cae dúas décimas, situándose a primeira no 17% e a segunda no 18,6%.
No cuarto trimestre de 2015, o
número de fogares nos que todos os seus membros activos están en paro aumenta
en 2.000 unidades e sitúase en 75.100. Respecto ao cuarto trimestre de 2014
esta tipoloxía de fogares cae un 15%.
Pola súa banda, o número de
fogares nos que todos os seus membros activos son ocupados aumenta en 1.700
unidades. O número de fogares nesta situación é de 555.500. En relación co
mesmo trimestre do ano anterior hai 28.900 fogares máis nesta situación, o que
supón unha suba do 5,5% en termos relativos.
No tocante á variación interanual, o número de parados entre o sexo
masculino diminúe en 26.700 persoas (un 19,3% menos), e entre o feminino en
14.500 persoas (un 11,5% menos que hai un ano).
Poboación xuvenil:
Dos 332.300 mozos galegos de entre 16 e 29 anos, 116.100 (o 34,9%)
están ocupados, 54.800 (o 16,5%) parados e os 161.500 (o 48,6%) restantes son
inactivos.
A taxa de ocupación deste colectivo sitúase no 34,9% no cuarto
trimestre de 2015. Con respecto ao trimestre anterior cae 3,3 puntos e con
respecto ao mesmo trimestre do ano 2014 medra 1,6 puntos.
A taxa de paro xuvenil medrou durante o trimestre 2,5 puntos ata
situarse no 32,1%. En comparación co cuarto trimestre de 2014 diminuíu 4,2
puntos.
No cuarto trimestre de 2015, o 75,5% dos ocupados de entre 16 e 29 anos
ten xornada completa. Con respecto ao terceiro trimestre de 2015, diminúe o
número de mozos ocupados a xornada completa (un 10%) e o de mozos ocupados a
xornada parcial (un 7,8%). Con respecto ao cuarto trimestre de 2014 prodúcese
unha suba do 9,2% nos mozos ocupados a xornada completa e unha diminución do
15,2% para os que teñen xornada parcial.
Dos 100.300 asalariados existentes neste trimestre de entre 16 e 29
anos, o 40,5% está vinculado á empresa por medio dun contrato indefinido. O
número de mozos con contrato indefinido baixou un 1,2% respecto ao trimestre
anterior pero aumentou un 2,3% respecto ao mesmo trimestre do ano anterior. O
número de mozos asalariados con contrato temporal diminuíu un 14,7% respecto ao
trimestre pasado e un 0,2% respecto ao mesmo período de 2014.
A taxa de temporalidade para o colectivo dos mozos e mozas de entre 16
e 29 anos sitúase no 59,5%, 3,5 puntos por debaixo da rexistrada hai tres meses
e medio punto inferior á rexistrada hai un ano.
Recibirá resposta