En 2015 mportante crecemento do Produto Interior Bruto e caída de prezos
PIB
Hoxe o INE deu a coñecer a Estimación avance do PIB trimestral correspondente ao cuarto trimestre de 2015.
Así coñecemos que o Produto Interior Bruto rexistra unha variación trimestral do 0,8 %.
A taxa anual sitúase no 3,5% no cuarto trimestre, unha décima superior á rexistrada no terceiro trimestre (3,4%) que é o crecemento máis elevado desde o cuarto trimestre de 2007,
A variación resultante do PIB en termos de volume para o conxunto do ano 2015 é do 3,2%.
IPC
Tamén hai que destacar hoxe o dato de que o Índice de Prezos ao Consumo adiantado de xaneiro recolle unha caída de prezos do 0,3% anual.
Temos xa, desde hai dous anos e medio, un diferencial favorable de case un punto porcentual coa principal economía do euro e a máis competitiva que é Alemaña. Isto ten un efecto moi claro no poder adquisitivo de salarios e pensións
Esta mañá a vicepresidenta do goberno, Soraya Saénz de Santamaría apuntaba que estas cifras súmanse aos datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicada onte que reflicten "o resultado histórico do maior descenso do desemprego, 678.000 parados menos, a maior caída do paro xuvenil da historia" e que a creación de emprego "foi superior á do ano pasado no medio millón de persoas".
A análise destas cifras, engadiu, pon de manifesto como a lexislatura pasada, que foi a máis reformista da historia democrática do noso país, "está a saldarse en termos moi positivos de crecemento económico e de creación de emprego parellos".