Onte concluiu a Rolda de consultas de El Rey cos
representantes designados polos
Grupos políticos con representación parlamentaria, en
cumprimento do artigo 99 da Constitución.
Finalmente A súa Maxestade ofreceu ser candidato á
Presidencia do Goberno a Mariano
Rajoy que declinou.
Unha decision que Rajoy explico en rolda de prensa afirmamdo
non estar en condicións de presentarse á investidura. Por non ter ainda
unha maioria de votos a favor, e se unha maioria absoluta, acreditada, de votos
en contra; 180 deputados como o mínimo.
Dixo que seguiría traballando para lograr unha maioría
suficiente, "porque que a coalición de Goberno que propoño é a mellor
para Espanña. É a opción da moderación. É unha opción que tenría 250 deputados
no Congreso e xa a maioría absoluta no Senado. É unha opcion que responde ao
interése xeral dos españois e ao sentir maioritario dos cidadáns que cren na
unidade de España, na soberanía nacional, na igualdade dos españois e na
consolidación da recuperación económica e social que estamos a lograr en
España, asi como na creación de emprego".
Por tanto, mantivo a candidatura á presidencia do goberno,
aínda que todavía non teña os apoios para someterse á investidura.
Rajoy aclarou que o debate de investidura ten por
obxecto que un candidato logre a confianza da cámara, que sexa elixido por
tanto Presidente do Goberno e a partir de ahi, que poida conformar un Goberno
estable. Para iso serve a sesión de investidura.
Dixo que "desde
logo non é o debate de investidura, un tramite para que empecen a contar os
prazos e engadiu :"Eu non me vou a prestar a iso e non o vou a facer por
respecto aos mais de 7 millóns de espanois que deron a súa confianza e o seu
apoio e ao PP. Como dixen, non renuncio a nada. Non lle dixen non á miña investidura.
Transmitinlle que todavía e de momento, non teño os apoios e creo que debemos
dar tempo e marxe ao dialogo polo interes xeral de España e dos españois. Creo
que merece a pena porque somos un gran pais e os lideres políticos deben estar
á altura das circunstancias. Eu a todos os espanois dígolles, hoxe non teño os
votos e por tanto non teñen ningún sentido que vaia aló aos únicos efectos de
que empezo a correr o prazo de dous meses que establece a
Constitucion."
O meu total respaldo á formulación exposta por Rajoy que é
ao meu xuízo é a de un home de Estado, que antepon os intereses xerais da
Nacion aos partidarios ou aos persoais e que ademas respecta a vontade dos
electores que votaron ao PP cun candidato, con mais de 1.700.000 votos de vantaxe
sobre o segundo.
Agora toca esperar a que El Rey convoque en audiencia
ao Presidente do Congreso dos Deputados o próximo luns co obxecto de
que lle facilite a preceptiva lista de representantes designados polos
Grupos políticos con representación parlamentaria, para levar a cabo unha nova
rolda de consulta que se iniciase a partir do mercores día 27 da próxima
semana.
Recibirá resposta