sábado, 2 de enero de 2016

Recoñecer o valor extraordinario da natalidade para o conxunto da sociedade

Onte, co nacemento do novo ano, entrou en vigor do complemento da pensión contributiva das mulleres que tivesen dous ou máis fillos, contemplado no Plan Integral de Apoio á Familia. 

Resalto hoxe a mensaxe do presidente do Goberno en funcións, Mariano Rajoy:

"Acabamos de estrear un novo ano e, con el, entra en vigor una das medidas máis novas e máis xustas que se puxeron en marcha nos últimos tempos en España; refírome ao complemento de maternidade nas pensións.

A pesar dos avances que se rexistraron na igualdade de sexos, as mulleres españolas aínda sofren discriminación salarial; cobran menos que os homes e o peor é que esa discriminación consolídase de maneira definitiva á hora de calcular as pensións á que teñen dereito cando acaba a súa vida laboral.

Hoxe a pensión media das mulleres é un 26% inferior á dos homes. As afectadas son as mulleres de máis idade, as que máis tiveron que loitar pola igualdade, as que padeceron maior discriminación e as que menos apoio tiveron á hora de compatibilizar a súa vida laboral co coidado dos seus fillos.

Desde hoxe, esa situación cambia: as mulleres que hoxe accedan á súa xubilación contan cun complemento de maternidade; cuantos máis fillos tivesen maior será ese complemento.

É unha medida de xustiza  porque empezamos así a romper a brecha de desigualdade tamén existe nas pensións.

É unha medida de recoñecemento ao esforzo desa xeración de mulleres que foron pioneiras na loita pola igualdade e a plena incorporación da muller ao mercado laboral.

E é tamén unha medida de apoio á familia.  É a maneira en que o Estado recoñece o valor extraordinario da natalidade para o conxunto da sociedade. 

É, en definitiva,  a forma que temos de dicirlle ás nais  canto valoramos o seu esforzo; non como fillos ou esposos, senón como membros dunha sociedade que necesita dese esforzo para seguir renovándose; que necesita da maternidade para manter e incrementar o dinamismo que nos permitirá gañar o futuro".


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá respost