A Consellería de Cultura tamén realizará
traballos de retirada da condución de abastecemento e restauración do
quebraondas nun dos piares.
O Goberno galego destinará pois unha achega dun total
de 520.000 euros para levar a cabo os traballos executados por ambas as
consellerías nesta primeira etapa.
Con estas
obras, actuarase en primeiro lugar na calzada, na que se igualará o pavimento,
empregando como único material o bloque de pedra. Ademais, substituirase a capa
de formigón que existe nos apartadoiros e pavimentarase o único treito en terra
que existe.
Neste
proxecto destaca sobre todo a substitución da iluminación, xa que a actual
quedou obsoleta e mingua o valor estético do monumento. Para iso, mudaranse as
actuais luminarias e os grandes focos que proxectan a luz cara aos alzados da
ponte e optarase por sistemas de leds, que mellorarán a estética, realzando a
monumentalidade da estrutura, ademais de acadar unha maior eficiencia
enerxética, un aforro no consumo e unha menor contaminación lumínica.
Como
medidas complementarias, eliminaranse graffiti pintados na ponte e nas
edificacións anexas, retirarase mobiliario urbano e outros elementos engadidos
á fábrica da ponte, aplicaranse tratamentos de fosilización dos troncos das árbores
enraizadas na fábrica, limparase a maleza e rarearanse as árbores que medran
baixo os arcos e nunha franxa próxima á ponte. Tamén se acondicionará un camiño
peonil que discorre baixo un dos arcos, mellorando a comodidade e seguridade
viaria dos viandantes.
Recibirá resposta