Salientar que
hoxe o Consello da Xunta vén de iniciar o prodecemento para aprobación da nova Estratexia para o
Impulso do Cooperativismo galego 2016-2020 que aposta pola innovación, pola apertura a novos
mercados e por que as cooperativas galegas gañen tamaño.
Neste senso o presidente Alberto Núñez Feijóo
destacou outras das cuestións nas que fai máis fincapé como son o impulso do
cooperativismo en todos os niveis do sistema educativo ou o fomento da creación
de cooperativas entre a mocidade e as mulleres.
Esta nova Estratexia, conta cun
total de 87 medidas e ten como grandes obxectivos potenciar a competitividade e
a internacionalización do cooperativismo.
Segundo o xefe do Executivo galego, trátase dun sector que demostrou
fortaleza e solidez ao longo da crise, cando seguiu crecendo e, con respecto a
isto, amosouse convencido de que ten posibilidades de futuro.
Para iso, a Estratexia busca 20 obxectivos divididos en 5 grandes áreas: a cultura
cooperativa; o emprendemento e autoemprego; a mellora da xestión e
competitividade; o financiamento; e a colaboración institucional.
Logo de indicar que a iniciativa contou coas achegas do sector, Feijóo
asegurou que a partir de agora consensuarase cos axentes e irase coñecendo máis
polo miúdo a estratexia.
Destacou a aposta decidida do Goberno galego polo emprendemento, ao que
este ano destina 40 millóns de euros, e polo cooperativismo e a Economía
Social. Neste senso, sinalou que se trata dun sector que aglutina a máis de
7.000 entidades e máis de 300.000 persoas.
Con respecto a isto, lembrou que a Xunta xa impulsou medidas neste eido
como a rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social; as
axudas ao emprendemento en economía social; a modificación da Lei de
cooperativas; e moi especialmente a aprobación da Lei de Economía Social de
Galicia.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta