Nova Mesa da Comisión de Fomento |
Na
sesión constitutiva de cada unha delas foi elixido, co mesmo procedemento que na
elección da Mesa do Congreso, ao presidente, os vicepresidentes e os
secretarios de cada unha delas.
Así,
cada Comisión celebrou unha primeira sesión, presidida por unha membro da Mesa
do Congreso, na que se realizaron as votacións, en urna e por chamamento. Para
elixir o presidente, cada deputado escribiu pun nome na papeleta. E foi elixido o que
obtivo maioría absoluta en primeira votación.
Para
os dous vicepresidentes, realízouse outra votación co mesmo sistema. Cada
deputado escribe un nome na papeleta, e resultan elixidos os dous con máis
votos. O proceso repítese para designar aos dous secretarios.
Cosmo adiantaba onte, fun elixido vicepresidente segundo da Comision de Fomento.
Funcións
das Comisións:
As
Comisións son órganos de traballo cunha participación esencial nos procedementos
lexislativos, co estudo, emenda e aprobación de proxectos e proposición de lei;
de orientación política, xa que tramita proposicións non de lei; e de control
parlamentario, coa petición de información e comparecencia a membros do Goberno
e da Administración.
Na
primeira das funcións constitucionais do Parlamento, a lexislativa, as
comisións tramitan os proxectos e proposicións de lei que lles encomende, de
acordo coa súa respectiva competencia, a Mesa do Congreso. No seo da comisión
créase un grupo reducido de deputados, o relatorio, que se encarga de revisar
en primeira lectura as iniciativas lexislativas, e á vista do texto e das
emendas ao articulado elabora un informe que se eleva á Comisión.
En
Comisión debátense e votan o texto lexislativo e as emendas, e apróbase un
ditame. Por regra xeral, o texto aprobado en Comisión, cando non se trata de
proxecto ou proposición de lei orgánica nin se decidiu expresamente que vaia a
Pleno, continúa a súa tramitación no Senado.
As
Comisións poden pedir documentación ou acordar a comparecencia de persoas da
Administración, de expertos ou de representantes de colectivos afectados ou
implicados na materia sobre a que está a lexislar para escoitar as súas propostas.
As
Comisións deberán concluír a tramitación de calquera asunto nun prazo máximo de
dous meses, excepto naqueles casos en que a Constitución ou este Regulamento
impoñan un prazo distinto ou a Mesa da Cámara, atendidas as circunstancias
excepcionais que poidan concorrer, acorde amplialo ou reducilo.
Polo que respecta ás funcións de
control, as Comisións, por conduto do presidente do Congreso, poderán solicitar
a información e a documentación que precisen do Goberno e das Administracións
Públicas; así como a presenza ante elas dos membros do Goberno para que
informen sobre asuntos relacionados cos seus respectivos Departamentos.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta