Esta mañá coñecemos os datos de
paro rexistrado nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego correspopndente a
xaneiro de 2016. Estos son os datos:
OURENSE:
Medra o paro rexistrado en xaneiro en
relación co mes anterior en 924 persoas, un 3,66 %.
A nivel interanual, isto é, con respecto a xaneiro do ano
pasado, 1.961 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha
caída do desemprego do – 6,97 %.
O número de parados queda en 26.154, deles 12.197 son homes e
13.957 mulleres, 24.371 son maiores de 25 anos e 1.423 menores.
Por sectores: 1.462 son da agricultura, 3.452 da industria,
3.054 da construción, 15.955 dos servizos e 2.231 do colectivo sen emprego
anterior.
GALICIA:
O paro rexistrado de Galicia medrou en xaneiro en 7.639
persoas con respecto a decembro (un 3,34 %).
O número de parados queda en 236.447, deles 110.132 son
homes e 126.315 mulleres, 224.609 son maiores de 25 anos e 11.838 menores.
Deles 9.221 son da agricultura, 28.535 da industria, 28.685 da
construción, 151.806 nos servizos e 18.200 do colectivo sen emprego anterior.
Os incrementos de paro rexistrado nos meses de xaneiro son habituais debido ao remate da campaña do Nadal. Estes ascensos vénse producindo ao longo de toda a serie histórica, aínda que nos últimos dous anos acadáronse aumentos porcentuais inferiores aos de comezo da crise.
En canto aos datos por provincias, o paro rexistrado descendeu de xeito interanual en todas elas. A Coruña rexistrou a maior baixada con respecto a xaneiro de 2015, nun -9,37%, seguida de Pontevedra cun -8,57%; Lugo cun descenso do -8,54%; e Ourense cun -6,97%. Por sectores, e, en comparación co mes anterior, as persoas sen emprego baixaron na industria nun -1,10% e no primario nun -0,09%.
A nivel interanual, isto é, con respecto a xaneiro do ano pasado, 22.55 persoas
saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do
desemprego do – 8,71 %.
É o vixésimo sétimo descenso consecutivo interanual e o terceiro ano consecutivo no que se acada reducir o paro rexistrado en termos interanuais nun mes de xaneiro. Así mesmo, é a maior baixada interanual en termos absolutos de toda a serie histórica, isto é desde 1996.
ESPAÑA:
O número de parados rexistrados nas
Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego aumentou en xaneiro en 57.247 persoas (1,40 %) e a cifra total sitúase en 4.150.755. Nos últimos 8 anos, o paro rexistrado no
mes de xaneiro creceu máis ou menos en 135.955 persoas.
En termos desestacionalizados, o paro
reduciuse en xaneiro en 49.552 persoas.
No último ano o paro rexistrado baixou en 374.936 persoas, a maior redución anual de toda a serie histórica, e o ritmo
de descenso acelérase ata o 8,28%, unha taxa que non se rexistraba nun mes de
xaneiro desde 1999.
O paro entre os mozos menores de 25 anos
diminuíu no último ano en 46.671 persoas. Desta forma, o desemprego xuvenil
redúcese un 12,1% en termos interanuais, moi por encima da media xeral do
8,28%.
O paro rexistrado aumentou en quince
comunidades autónomas, entre as que destacan Andalucía (9.254), a Comunidad de
Madrid (7.978), e Galicia (7.639). Pola contra, diminuíu en Canarias (-1.545) e
en Baleares (-811).
O paro rexistrado incrementouse entre os
demandantes que desempeñaran a súa
última actividade en Servizos, con 67.129 desempregados máis e en Agricultura e
Pesca, con 3.905, mentres que se reduciu en Construción, con 4.821 menos, e en
Industria, con 827. Entre o colectivo de persoas sen emprego anterior o paro
diminuíu tamén, en 8.491 persoas.
A contratación indefinida a tempo
completo, a que máis crece
O número de contratos rexistrados durante
o mes de xaneiro foi de 1.396.929, supón un incremento do 2,13% sobre o mesmo
mes do ano 2015.
En xaneiro de 2016 rexistráronse 125.612
contratos de traballo de carácter indefinido, o que supón un incremento do 4,47%
sobre igual mes do ano anterior.
A contratación
indefinida a tempo completa é, un mes máis, a modalidade contractual que máis
crece, cun repunte do 5,2%, máis do dobre que a media xeral.
Recibirá resposta