Interveño
hoxe no faladoiro de Radio Voz que dirixe Antía Díaz Leal e no que participaron
Esteban Rico, Domingos Sampedro, e Breogan Riobóo.
O primeiro
tema que tratamos foi a crise de Podemos en Galicia que afecta directamente ao
seu secretario xeral, o hoxe tertuliano Riobóo xa que a Executiva estatal
aprobou unha unha xestora para Galicia ante as discrepancias políticas sobre o
modo no que habería que presentarse ás próximas eleccións autonómicas.
Sobre esta cuestión dixen que queda máis que claro
que Podemos é un
partido centralista con referentes únicos en Madrid, e que impón ese
centralismo montando xestoras alí onde os seus dirixentes expresan a súa
lexítima opinión aínda que non coincida coa de Pablo Iglesias e o núcleo duro
da Complutense.
Dixen que é preocupante diante dos próximos comicios autonómicos ver como una das pezas da coalición “En Marea” vive esta falta de democracia, nesta permanente inestabilidade e con constantes discrepancias ideolóxicas e estratéxicas.
A continuación falamos das posicións
expresadas polo PP e Mariano Rajoy en relación coa entrevista que hoxe mantiña
co líder de Cidadáns.
Comecei a miña intervención sobre
este punto, lembrando que nas pasadas eleccións do día 20 de decembro, o PP
obtivo 123 deputados; 90 o PSOE; 69, Podemos e confluencias; e 40 C´S.
É dicir, o PP ten 1.700.000 votos
máis que a segunda forza política, que é o PSOE. O PP ten 33 escanos máis no
Congreso que a segunda forza política, que é o PSOE. O PP ten maioría absoluta
e dobra en senadores no Senado á segunda forza política, que é o PSOE.
O PP gañou as eleccións en 39 das 52
provincias españolas, en 13 dos 17 CC.AA. e nas Cidades Autónomas de Ceuta e
Melilla.
E con estes resultados que son a
expresión da vontade dos españois, pretender gobernar contra o PP é
antidemocrático.
Lembrei que ao día seguinte da
celebración das eleccións, o 21 de decembro o partido popular expresou a súa posición de que en
España, nesta situación, debía haber un goberno do PP, apoiado polo grupo
parlamentario de Populares, Socialistas e Cidadáns.
Dixen que con minoría non se pode
gobernar e que o menos que convenlle a España, nos momentos en que vivimos e co
que pode vir no futuro, é un goberno débil que non teña a posibilidade de sacar
os seus proxectos adiante.
Engadín que ás tres forzas políticas
uniulles -polo menos ata o momento- por exemplo o respaldo á Constitución
española, a unidade de España, a soberanía nacional, a igualdade de todos os
españois, o proxecto europeo, o pacto contra o terrorismo e, mesmo, os
obxectivos de crecemento e emprego, aínda que podamos ter discrepancias nos
medios para alcanzalo ou o mantemento do noso estado de benestar.
Dixen que un goberno apoiado por 253
deputados permitiríanos facer e por consenso, porque sería obrigado, as grandes
reformas que necesita o noso país nos próximos anos.
Un goberno que debería perseguir
cinco grandes obxectivos:
O primeiro e máis importante é a
defensa da nación española porque existe unha ameaza independentista en
Cataluña. Propoñer como fai o PSOE nunha liña unha reforma da Constitución
para a cal non ten nin votos nin apoios e non dicir, nin fixar entre os seus
grandes obxectivos o mantemento da unidade nacional, da soberanía nacional,
situarse con claridade como fai a Constitución en contra do dereito de
autodeterminación, é unha enorme irresponsabilidade.
O segundo será crecer e crear
emprego, foino nesta lexislatura e ten que seguir séndoo no futuro. Cando nós
chegamos ao Goberno, o crecemento económico en España era -2,1, era negativo,
hoxe é +3,2, o crecemento máis elevado de todos os grandes países da UE. O paro
aumentaba ao ritmo do 10% anual, agora redúcese ao 8% anual.
O terceiro gran obxectivo ten que ser manter e
mellorar os grandes alicerces do Estado de Benestar, as pensións, a sanidade, a
educación, a dependencia e as atencións sociais.
O cuarto gran obxectivo ten que ser facer
fronte a unha das grandes ameazas que temos moitos países no mundo e que a
vemos confirmada cada día, é a loita contra o terrorismo aquí e fóra de aquí.
E o quinto ten que ser a loita contra a
corrupción.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta