Onte os deputados ourensáns do Partido Popular, Miguel Ángel Viso e Celso Delgado reunimonos con membros da “plataforma pola seguridade na N-525”, no tramo comprendido
entre Ourense e Cambeo.
Ambos
integrantes da comisión de Fomento (Celso Delgado como vicepresidente segundo e
Miguel Viso como vogal) escoitamos con atención as preocupacións e solicitudes
da plataforma, para mellorar a seguridade neste tramo e reducir o perigo.
Nosoutros, informamos aos membros da plataforma que o Ministerio de
Fomento, consciente de que este é o tramo da provincia máis conflitivo en canto
a accidentes, leva moitos meses traballando neste tema e como decisión máis
recente sinalamos que o pasado 7 de outubro de 2015 licitou por medio da
“Sociedade Estatal de Infraestruturas del Transporte Terrestre, Sociedad
Anónima (SEITT), obras de rehabilitación de firmes, por valor de 984.803 euros,
para executar actuacións que afectan as estradas N-120, N-544 e a N-525 en diversos pp.kk dos termos municipais de
Ourense, Coles e San Cibrao.
Está incluida polo
tanto nesa licitación a realización na N-525 entre os Pk.241 a 246 dunha mellora
do firme (executando un microaglomerado en frío para maior agarre dos vehículos),
a renovación da sinalización horizontal
con resaltos sonoros, captafaros no eixo e elementos plásticos que marquen o
eixo que delimitan os dos dous sentidos de circulación. E tamén vaise estudar a
ordenación de algúns accesos.
Ademais, lembramos aos membros da plataforma que nos últimos anos
acometéronse polo Ministerio de Fomento outras actuacións para a mellora da
seguridade vial, limitando a velocidade
( pasou de 100 km/h a 70 Km/h) reforzando a sinalización vertical
(sinais de alta visibilidade indicando a limitación de velocidade), prohibindo
o adiantamento sentido Ourense con marcas viais dobles con resaltos sonoros.
Tamén, salientamos a instalación pola Dirección General de Tráfico de radares fixos e
móbiles no tramo, aos que agora tamén se sumará un radar de tramo.
Estas intervencións axudaron a reducir substancialmente no último ano o número de
accidentes e, sobre todo, a gravidade dos mesmos.
Por último, tamén lembramos aos representantes da plataforma que está en fase de
proxecto o tramo da A-56 entre Ourense e Cambeo, que no futuro reducirá de modo
notable o tráfico na N-525.
En definitiva deixamos constancia de que a mellora da seguridade vial
nestre tramo entre Ourense e Cambeo é unha prioridade para o Goberno e que
traballouse e seguirase traballando para incrementala.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta