Onte o ente Puertos del Estado informaba do peche definitivo do exercicio de 2015 no que alcanzouse un novo máximo histórico con 501.815.624 Toneladas de mercadorías o que representa un incremento do 4,09% respecto ao ano anterior. E lembran que o último récord histórico estableceuse en 2007, ano en que se manipularon 483,1 millóns de toneladas.
Non só o tráfico total marcou un novo récord, tamén se conseguiron máximos históricos o movemento de graneis líquidos (167,6 millóns de toneladas), en mercadoría xeral (224,3 millóns), en colectores (14,2 millóns de TEUs), en tráficos de pasaxeiros de liña regular (21,5 millóns de pasaxeiros), e en tráfico de cruceristas (8,4 millóns de pasaxeiros).
O tráfico portuario nas cinco terminais de Galicia ascendeu a 34,2 millóns de toneladas. O porto da Coruña alcanzou 13,96 MT crecendo un 16,79 % sobre 2014, Ferrol- San Cibrao moveu 12,77 MT un 2,40 % menos que o ano anterior. Vigo alcanzou a cifra de 4,29 MT, crecendo un 5,03 %. O porto de Marín -Ría de Pontevedra moveu 2,14 MT o que representou un crecemento do 11,16 % sobre 2014 e finalmente o porto de Vilagarcía alcanzou 1,02 MT, incrementándose un 4,09 %.
O tráfico ro-ro (embarque/desembarque de vehículos rodados que optan polo transporte marítimo para cubrir longas distancias) segue aumentando ano tras ano, e en 2015, cun crecemento do 6,3%, supero os 51 millóns de toneladas. O porto de Vigo moveu 945.034 toneladas e creceu un 14,72 % en relación con 2014.
Polo que respecta ao tráfico de cruceristas, os destinos españois convertéronse en habituais de todas as rutas que cobren os distintos circuítos europeos, situándose algúns dos nosos portos no "top" dos destinos mundiais. Así, Barcelona, con 2,5 millóns de cruceristas é os principal portos de Europa, e 4º do mundo como porto base, as Illas Baleares superan os 1,7 millóns de visitantes, e os portos Canarios recibiron máis de 2,1 millóns de visitantes.
Os portos de Galicia recibiron en 2015, 368.172 cruceristas. A Coruña 140.444, crecendo un 8,37 %. Vigo recibiu 204.979 cruceristas e creceu un 16,45 %; Vilagarcía recibiu a 1.190 cruceristas, crecendo un 15,31 %. E Ferrol-San Cibrao recibiu 21.559, un 44,79 % menos que en 2014.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta