Onte unha vez finalizada esta rolda de consultas, a súa Maxestade El Rey convocou ao presidente do Congreso dos Deputados, Don Patxi López, para comunicarlle a súa proposta de que Don Pedro Sánchez Pérez-Castejón sexa candidato á Presidencia do Goberno, que deberá recibir a confianza da Cámara segundo o procedemento establecido no artigo 99 da Constitución Española.
Mariano Rajoy na súa comparecencia sinalou que, ao seu xuízo, as eleccións xerais do pasado 20 de decembro mandaron "unha mensaxe nítido, claro e entendible: os españois queren que dialoguemos, que nos escoitemos os uns aos outros, que nos entendamos e que sexamos capaces de formar un Goberno co apoio suficiente para tomar decisións para afrontar os graves retos que ten o noso país".
Manifestou que aínda non conta con apoios suficientes para a investidura, pero que non renuncia a presentarse ao longo do proceso para conformar un Goberno moderado e reformista que consolide a recuperación e xere emprego.
Neste sentido, reiterou a súa proposta dun Executivo presidido polo partido máis votado e apoiado nas tres forzas políticas que están de acordo "nos temas fundamentais, os que máis importan ao conxunto dos españois: a unidade de España, a soberanía nacional, a igualdade dos españois, a nosa posición en Europa, o euro e a loita contra o terrorismo".
Rajoy engadiu que esa coalición podería levar a cabo as grandes reformas que necesita España, que serían para "moitos anos" e contarían co respaldo dunha gran maioría dos deputados e os senadores. "E, ao mesmo tempo, esta coalición mandaría unha mensaxe dentro e fóra de España de estabilidade, de seguridade e certidumbre que sería moi bo para consolidar a recuperación da economía e para xerar emprego", manifestou.
Por ese motivo, indicou, vai manter a súa aposta "pola moderación, a sensatez, Europa, o euro, a recuperación económica, as reformas e a Constitución Española".
Comparto a posición de Mariano Rajoy e comprendo a posición institucional de El Rey , pero claramente considero moi improbable que o secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, poida acadar apoios para sacar adiante a investidura.
Máis ben parece unha fuxida cara adiante, descoñecendo os resultados das urnas, que deron ao PP como gañador e ao PSOE como perdedor, e recordo que o partido socialista quedou cuarto na circunscrición de Madrid. na que se presentou.
Non podemos deixar de respectar os resultados das urnas e ter en conta aos 7,3 millóns de españois que votaron ao PP e que merecen un respecto, que non é o que ata a data dispensou Sánchez que en 17 veces vetou calquera posibilidade de diálogo.
Recibirá resposta