viernes, 19 de febrero de 2016

O Ministerio de Fomento, A Xunta e o Concello de Ourense avanzan na coordinación das actuacións necesarias para a integración ferroviaria e o desenvolvemento da estación intermodal na cidade

Onte asisto en Madrid a una xuntanza de traballo no Ministerio de Fomento, presidida pola ministra Ana Pastor, e na que estivo tamén o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a conselleira de infraestruturas e vivenda, Ethel Vázquez. Ademais etaban presentes o secretario de Estado de infraestruturas, transporte e vivenda, Julio Gómez Pomar, o secretario xeral de infraestruturas Manuel Niño e o presidente de ADIF, Gonzalo Ferre, a directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, o concelleiro de Urbanismo, José Cudeiro, o deputado Miguel Viso  e outros altos responsables de ADIF.

Nesa reunión foron abordadas cuestión de gran importancia como a situación da dos proxectos da variante exterior da LAV entre Madrid e Galicia entre Taboadela e Seixalbo e entre Seixalbo – Túnesl de Montealegre e a estación de Ourense. Tamén foron abordadas cuestión relativas á integración ferroviaria na cidade para dotala da máxima permeabilidade.

Houbo tamén avances na coordinación das actuacións necesarias para o desenvolvemento da estación intermodal da cidade.

Como expresaba onte nunha nota da alcaldía “Ourense contará cunha estación intermodal con todos os servizos, cuxa integración (alta velocidade e autobuses) será total e completa, coa mellor dotación de servizos para os viaxeiros a través dun proxecto de reformulación integral dos seu entorno, dos terreos de Adif, que se presentará en próximas datas. E, para elo, as tres administracións implicadas na chegada da alta velocidade a Ourense (o Concello, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento) asinarán un convenio para garantir a blindar esta construcción, que terá que estar rematada en 2018, data prevista da chegada da alta velocidade a Galicia. Así se puxo de manifesto esta tarde no encontro de traballo que mantiveron o alcalde de Ourense, Jesús Vazquez, e o concelleiro de Urbanismo, José Cudeiro; a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez; e a ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor, con técnicos do ministerio, que diron conta do avance dos traballos, baseados na integración real e completa da estación de autobuses e nos tramos entre Taboadela e Ourense, para os que no mes de abril estarán listos todos os informes requeridos.

Os técnicos están traballando para que a interconexión sexa real, completa e integrada: un espazo funcional único para a estación intermodal, "tal e como sempre nos requeriu o alcalde de Ourense e ningún caso serán dous edificios", recalcou a ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor.

Pola súa banda, Ethel Vázquez sinalou que a de hoxe foi unha reunión para avanzar na coordinación dos traballos, garantindo que a intermodalidade será real: O Ministerio de Fomento co ferrocarril e a Xunta de Galicia coas competencias en transporte de viaxeiros por estrada.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, amosouse esperanzado pola integración da alta velocidade e a coordinación entre as tres administracións implicadas, sobre todo co anuncio dun convenio entre estas para garantir que a estación intermodal, con integración completa, sexa unha realidade. "Este convenio blindará a estación intermodal para acadar o mellor servizo para os ourensáns e os que que nos visiten", recalcou o alcalde. Para a súa sinatura están pendientes varios informes técnicos, tal e como recalcou a ministra en funcións, que confía en que estén listos en poucas semanas. Por último, o alcalde tamén se amosou satisfeito no grao de execución dos traballos e nas previsións para os últimos tramos da variante exterior entre Taboadela e Ourense para a chegada da alta velocidade á cidade.”

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta