lunes, 8 de febrero de 2016

Unha reprobacion inxusta

Asistimos hoxe a un feito inxusto por parte do PSOE e Democracia Ourensana (DO) que no Pleno reprobaron ao alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

Ambos protestaban pola organización dos plenos que, por certo, se tiña acordado na xunta de voceiros onde están representados; e pola forma de proceder do Goberno municipal coas mocións que presentan. Tamén aducían que o noso alcalde non defendía os intereses da cidade diante das diferentes administracións. Este último argumento resulta inexplicable, pois e xusto o contrario da realidade.

Lembrar que Jesús Vázquez Abad é alcalde de Ourense desde o 13 de xuño de 2015, como consecuencia de ser o cabeza da lista máis votada nas eleccións do 24 de maio de 2015. E que o Partido Popular obtivo neses comicios 16.510 votos, o 30,81 % o que supuxo obter 10 concelleiros.

Desde a súa elección, o alcalde Jesús Vázquez, vén demostrando unha capacidade de xestión extraordinaria, que se materializou en tamén e  iniciar inmediatamente conversacións cos responsables das diferentes Administracións.

Son testemuña das súas múltiples xestións en reclamación ao Goberno de España de avances en materia de infraestruturas viarias, ferroviarias, patrimoniais, de saneamento, culturais, etc.

Na súa etapa de goberno xa vimos avances en varias actuacións, citando aquí dous exemplos:

Así o 16 de xullo de 2015 a Comisión Mixta do 1,5% Cultural, integrada polos Ministerios de Fomento e Cultura, aprobou, provisionalmente, 93 proxectos de recuperación do patrimonio histórico español en España, 5 deles en Galicia, con cargo aos fondos que se xeran para o 1?5% Cultural

Dos 5.329.835 euros para toda Galicia, a achega máis importante levoulla o Concello de Ourense, para o proxecto de rehabilitación e reforma da Praza de Abastos nº 1. Neste caso, Fomento achega o 65% do orzamento, que equivale a 3.652.767 euros.

Aínda que a solicitude deste proxecto formalizouse polo Concello de Ourense, na etapa de goberno anterior, é o certo que desde que en xuño de 2015, Jesús Vázquez foi elixido alcalde, fixéronse múltiples xestións para que este proxecto fóra finalmente seleccionado.

Outo exemplo é o ocorrido o 28 de decembro de 2015 cando o Ministerio de Fomento aprobou o Documento para Información Pública para os efectos da Lei de Estradas, do Proxecto de Construción da Variante de Ourense. Tramo: Ligazón de Eirasvedras- Ligazón de Quintela coa N-120, cun lonxitude da actuación é de 1,7 km e un orzamento de licitación estimado de 30,2 M€.

Na Lei de PGE de 2016, aprobada o 20 de outubro de 2015,  inclúese unha partida da DG de Estradas de 3,70 M€ para licitar as obras do tramo Eirasvedras-Quintela.

Deixemos traballar a un alcalde entregado en corpo e alma a cidade de Ourense e os resultados continuarán acreditando o acerto da sua elección.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta