En días
de tensión parlamentaria en Madrid, e hoxe é un de eles, relaxa ler na
rede, boas noticias como que o
presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a directora da Axencia de
Turismo de Galicia, Nava Castro, asinaron está mañá un convenio de colaboración
entre a administración provincial e a autonómica para executar o proxecto de construción
dunha piscina flotante termal no río Miño, ao carón do balneario de Laias
(Cenlle), que potenciará a oferta termal na provincia de Ourense. O acordo
contempla a construción nun prazo de catro meses da dita infraestrutura termal,
na que se investirán por parte da Axencia de Turismo de Galicia 200.000 euros.
Trátase
dunha actuación que figura na liña estratéxica de “Infraestruturas termais” do Plan
“Ourense, a provincia termal. A piscina sitúase dentro do denominado Dominio
Público Hidráulico, ocupando unha superficie de 657 metros cadrados, dos cales
550 metros cadrados corresponden á plataforma e á piscina flotantes, situadas
na beira do río Miño, e 107 metros cadrados, á pasarela de conexión entre a
piscina e o balneario
Manuel Baltar
remarcou que o termalismo “é un dos produtos turísticos de maior
especialización na nosa provincia e un dos que que achega unha maior
singularidade á oferta relacionada con ocio e saúde, ao redor da cal
estrutúranse unha serie de servizos innovadores e de establecementos balnearios
que aportan calidade e valor ao turismo da provincia de Ourense”.
Afirmou
que a planificación “é básica para acadar os obxectivos propostos no plan, que
deberá estar rematado no horizonte de 2020 coa finalización do período de
fondos comunitarios". Baltar considera que a “aposta firme” polo
termalismo “danos visibilidade internacional e fai posible que, por exemplo,
programas como o de “Termalismo saúdable” enlace Ourense con 40 provincias de
España, coa posibilidade de obter on line e en menos de 5 minutos a confirmación
da reserva de praza para estancias nos balnearios da nosa provincia”.
Pola súa parte a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro,
lembrou que a través deste programa específico que persegue o reforzamento do
sector turístico termal da provincia, coa visión de consolidar e fortalecer o
posicionamento da Comunidade galega como destino de termalismo, Turismo de
Galicia xa destinou un investimento de máis de 5 millóns de euros para o
desenvolvemento de distintos proxectos.
Así, entre as actuacións nas que xa participou o
departamento da Xunta, salientan o balneario de Cortegada, o incremento da
capacidade da oferta de aloxamento en Verín mediante a conversión da acrópole
de Monterrei en parador, a creación de novas rutas turísticas como a Ecovía
fluvial do Támega, a Ruta da auga de Verín ou a Ruta do río Caldo, o Club de
Produto da auga ou o proxecto de sinalización das vilas termais.
Parabens as duas administracions por esta feliz iniciativa.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Parabens as duas administracions por esta feliz iniciativa.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta