Esta mañá
coñecemos os datos de paro rexistrado nas Oficinas dos Servizos Públicos de
Emprego correspondente a febreiro de 2016. Estos son os datos:
OURENSE:
Medra o
paro rexistrado en febreiro en relación co mes anterior en 159 persoas, un 0,61
%.
A nivel interanual, isto é,
con respecto a febreiro do ano pasado, 1.917 persoas saíron en Ourense das
listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 6,79 %.
O número de parados queda
en 26.313, deles 12.229 son homes e 14.084 mulleres, 24.827 son maiores de 25
anos e 1.486 menores.
Por sectores: 1.451 son da
agricultura, 3.420 da industria, 3.046 da construción, 16.135 dos servizos e
2.261 do colectivo sen emprego anterior.
GALICIA:
O paro rexistrado de
Galicia baixou en febreiro en 1.179 persoas con respecto a xaneiro
(un -0,50 %).
O número de parados queda
en 235.268, deles 108.863 son homes e 126.405 mulleres, 223.145 son
maiores de 25 anos e 12.123 menores.
Deles
8.924 son da agricultura, 27.894 da industria, 28.055 da construción, 151.908
nos servizos e 18.487 do colectivo sen emprego anterior.
Galicia pechou o mes de febreiro con 22.281 persoas
desempregadas menos que hai un ano. O que supón unha baixada con respecto a
febreiro de 2015 dun 8,65%.
A Comunidade segue a presentar un comportamento mellor
que o Estado, tanto en termos interanuais como en relación co mes pasado.
O paro en Galicia, rexistra xa 28 meses de descenso
consecutivo interanual, o que nos coloca a niveis de paro inferiores aos de
febreiro de 2011, hai 5 anos. Encadeando tres anos consecutivos onde o
paro descende en febreiro.
Por sectores, a industria continúa co bo comportamento
de principios de ano, rexistra a maior baixada en termos absolutos con -641
persoas seguida da construción con -630. En termos relativos, o maior descenso
é no sector primario (-3,22%), seguido da industria (-2,25%) e a construción
(-2,20%).
Por provincias, baixa de xeito interanual en todas elas.
ESPAÑA:
O número de parados rexistrados nas
Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego aumentou en febreiro en 2.231 persoas
en relación co mes anterior. En 2015 reduciuse en 13.538 e en 2014 en 1.949
persoas. A cifra total de parados rexistrados sitúase en 4.152.986.
En termos desestacionalizados, o paro
reduciuse en febreiro en 21.959 persoas.
Nos últimos 12 meses o paro diminuíu en
359.167 persoas. Trátase da maior redución de toda a serie nun mes de febreiro.
O paro rexistrado mantén o seu ritmo interanual de redución na contorna do 8%
(7,95%).
O paro entre os mozos menores de 25 anos
diminuíu no último ano en 36.898 persoas. Desta forma, o desemprego xuvenil
redúcese un 9,5% en termos interanuais, por encima da media xeral do 7,95%.
O paro rexistrado baixa en once
comunidades autónomas, entre as que destacan Cataluña (-7.843), Illes Balears
(-3.263) e Canarias (-2.352). Sobe, en cambio, en seis encabezadas por
Andalucía (16.265) e Madrid (2.210).
O paro rexistrado incrementouse entre os demandantes que desempeñaran a súa última actividade en
Agricultura, con 14.029 desempregados máis e no colectivo sen emprego anterior,
que sobe 8.673. Pola contra reduciuse en Industria con 3.994 desempregados
menos, en Construción, que baixa 6.724, e en Servizos, que diminuíu en 9.753
persoas.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta