Onte tivo
lugar o congreso provincial do PP de Lugo, onde foi elixida como nova presidenta,
Elena Candia.
Na
calusura, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que a renovación do PPdeG achega o
partido aos galegos e á Galicia de mañá, ao tempo que amplía a vantaxe cos que
están moi lonxe de ser o que precisa Galicia.
Segundo
Feijóo, o PPdeG é o partido con máis experiencia e con máis experiencias, pero
nunca deixa de aprender do que fixo, dos retos que tivo que abordar, dos erros
e, sobre todo, dos galegos. Baixo o seu punto de vista, Galicia ensinoulle ao
partido esforzo, constancia, perseverancia e, por tanto, a formación seguirá
aprendendo da Comunidade.
O
presidente do PPdeG criticou a volatilidade e a fraxilidade dos principios do
resto de partidos e fixo fincapé en que a formación dos populares ten que
ofrecer algo máis, manténdose por riba das frivolidades e achegando solidez.
Con
respecto a isto, sinalou que o PPdeG é o primeiro partido da provincia, de
Galicia e de España porque os cidadáns así o decidiron. Por iso, cre que os
populares deben esixirse máis e non deben permitirse o nivel de
irresponsabilidade do PSOE, nin o nivel de incoherencia de Ciudadanos ou a
demagoxia de Podemos.
Por ese
motivo, segundo subliñou Feijóo, o PPdeG decidiu renovar as súas ideas,
actitudes e equipos. Como engadiu, este partido reacciona, está activo e está
en pé.
Neste
senso, o líder dos populares galegos asegurou, con respecto aos outros
partidos, de que non poden arrinconar á formación pola que apostaron 7 millóns
e medio de españois.
Da mesma
maneira, puxo en valor que a crise non venceu aos populares e, de feito,
Galicia está saíndo dela, pasando de xerar paro a crear emprego; de decrecer, a
volver a crecer economicamente; do desfase orzamentario, ao control e á
responsabilidade económica e ao crecemento da produción industrial, á
internacionalización, á innovación e á confianza dos consumidores e dos
emprendedores.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta