Hoxe coñecemos datos publicados polo Ministerio de Economía e
Competitividade que acreditan que Galicia comeza o 2016 cun incremento nas súas
exportacións do 6,5% en xaneiro con respecto ao mesmo mes do ano anterior.
O aumento das vendas ao exterior da comunidade supera en
4,4 puntos a media estatal, que rexistra un incremento do 2,1%. Galicia sitúase
así como a quinta comunidade na que máis medran as exportacións neste primeiro
mes do ano.
Este bo dato de xaneiro dá continuidade á tendencia do
2015, ano no que Galicia bateu unha vez máis o seu récord de exportacións,
marcando o que é xa o seu mellor ciclo exportador. Así, a comunidade non só
exportou un 5,6% máis que en 2014, senón que superou a marca histórica do 2013
nun 0,4%.
Como
dicía antes as exportacións españolas de mercadorías creceron un 2,1%
interanual en xaneiro de 2016, ata os 18.267,3 millóns de euros. Esta taxa de crecemento é 5 puntos superior á
do mesmo período do ano 2015, do -2,9%. En volume, o aumento foi maior, do
3,2%, ao caer os prezos, aproximados polos Índices de Valor Unitario (IVUs), un
1,0%. En termos desestacionalizados, o crecemento foi do 4,5% en taxa
interanual.
As
importacións, pola súa banda, rexistraron un lixeiro incremento dun 0,8%, ata
os 20.653,9 millóns de euros. En termos de volume, o aumento foi máis
significativo, dun 3,0%, xa que os prezos diminuíron un 2,2%. Con datos
desestacionalizados, as importacións creceron un 3,7%.
Como
resultado, o déficit comercial de xaneiro alcanzou os 2.386,6 millóns de euros,
un 8,1% inferior ao do mesmo período de 2015, e o máis baixo rexistrado nun mes
de xaneiro desde 1999.
A taxa de cobertura situouse no 88,4%, é dicir, 1,1
puntos máis que a de xaneiro de 2015 (87,3%) e a máis alta de toda a serie
rexistrada nun mes de xaneiro. O saldo non enerxético arroxou un déficit de
750,3 millóns de euros (déficit de 579,2 millóns de euros en xaneiro de 2015),
mentres que o saldo enerxético rexistrou unha mellora do 18,9% (redución do
déficit enerxético), como resultado da substancial caída dos prezos da enerxía.
As
vendas ao exterior dos nosos principais socios, en contraste con España,
tiveron un mal comportamento este mes. Así, diminuíron as exportacións de
Alemaña (-1,4%), Francia (-1,6%) e Italia (-3,5%). Tamén diminuíron as
exportacións tanto da zona euro (-1,0%) como da Unión Europea (-0,9%). Fóra da
UE, tamén caeron as exportacións de Estados Unidos (-10,7%) China (-11,2%) e
Xapón (-12,9%).
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta