Saliento
a noticia que difunde a web da Xunta, da visita realizada onte polo conselleiro de
Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, ás instalacións de Hispamoldes
no Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas, unha
compañía que é un exemplo de como a alta competitividade das empresas
galegas está a ser clave para avanzar nos mercados exteriores.
Neste
sentido, Conde destacou que a firma exporta o 70% da súa facturación a países
como México, Austria, Alemaña, Francia ou Irán. Hispamoldes emprega a máis de
170 persoas en Galicia, e no 2015 facturou 30 millóns de euros, unha cifra que
este ano espera superar en máis dun 10%.
O
conselleiro de Economía, Emprego e Industria subliñou que a aposta pola
innovación é imprescindible para incrementar a competitividade das empresas,
sinalando que Hispamoldes ten contado neste eido coa colaboración da
Consellería a través do programa Innterconecta. Este permitiulle participar
xunto con outras empresas do sector e o CTAG nun novo desenvolvemento de perfís
para estruturas interiores de vehículos, nun proxecto que suma 2,3 millóns de
euros entre investimentos públicos e privados.
Hispamoldes
sitúase como unha das máis importantes compañías de España de moldes e, tal e
como lembrou Conde, é provedora dos principais fabricantes da automoción. O
titular de Economía destacou a resposta deste sector á crise económica que
“sigue crecendo en facturación, en exportacións e na creación de postos de
traballo”, subliñou. Neste senso, lembrou que este sector creou en 2015 un
milleiro de empregos.
Conde
salientou, ademais, que a automoción lidera a implantación en Galicia da
fábrica intelixente, pola que a Xunta aposta a través da Axenda da
Competitividade Galicia- Industria 4.0, que permitirá reducir os custos e
impulsar a racionalización dos produtos mediante a incorporación de novas
tecnoloxías como a robotización, a sensorización ou o big data.
A
Axenda da Competitividade Galicia- Industria 4.0, coa que a Xunta aspira a
reinventar a industria galega promovendo un modelo máis competitivo, ten entre
os seus obxectivos que o sector creza ata chegar ao 20% do PIB galego no ano
2020, e a creación de 50.000 novos empregos.
Por
último, e, segundo indicou o conselleiro, esta folla de ruta está a impulsar en
Galicia que “o sector industrial sexa máis intensivo desde o punto de vista
tecnolóxico, máis innovador e máis competitivo para fixar tecido industrial na
nosa Comunidade”.
Celebro
moito este merecedido recoñecemento a Hispamoldes, unha empresa fundada en 1984
por Mario da Costa, un empresario loitador que con moito traballo, compromiso e
responsabilidade crea emprego, innova, inviste e aporta moito a sociedade ourensá.
Noraboa
e moito éxito.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta