viernes, 11 de marzo de 2016

Instalada unha nova sinalización turística das vilas termais en Galicia

Estes últimos días viaxando por distintas estradas da provincia, tanto de titularidade estatal como autonómica constatei a instalación da nova sinalización turística das vilas termais en Galicia, de conformidade coa metodoloxía para a implantación de novos sinais de acordo co sistema de sinalización turística homologado na nosa Comunidade Autónoma.

Unha sinalización que se deriva do acordo para a ampliación do catálogo do SISTHO subscrito o 9 de setembro de 2013 entre a Secretaria de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda do Ministerio de Fomento e a Secretaria de Estado de Turismo do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo

O obxectivo fundamental que se persegue pola Axencia de Turismo de Galicia  é o de garantir a accesibilidade das Vilas e Centros Termais e a interconexión co resto de ámbitos territoriais; Potenciar a actividade socioeconómica e turística a través da mellor información e guiado das Vilas e Centros Termais e  Mellorar a seguridade viaria na estradas galegas.

Os novos destinos a incluír no catálogo do SISTHO son Mondariz, Caldas de Reis, Cuntis, Fuitiriz, A Toxa, Ourense, Palas de Rei, Pantón, o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro e as Vilas Termais do Ribeiro.

Celebro  moito estas actuacións das que falei o 25 de setembro de 2013 na Comisión de Fomento do Congreso defendendo unha Proposición non de Lei do Grupo Popular relativa a mellora da sinalización turística nas estradas do Estado. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta