Esta mañá son entrevistado polo xornalista Kiko Novoa no programa "Galicia por diante" da Radio Galega.
E o obxecto foi dar a miña opinión sobre a sesión de investidura de Pedro Sánchez como candidato á presidencia do goberno, e que comezará hoxe ás 16,30 horas.
Comecei dicindo que é a primeira vez que se presenta a unha investidura un candidato que non gañou as eleccións e que ademais non conta cos votos suficientes para ser investido presidente.
Un candidato á Presidencia do Goberno que se negou a falar con quen si as gañou, o Partido Popular.
Sánchez demostrou a súa falta de capacidade de diálogo e, ao mesmo tempo de desprezo aos 7,2 millóns de votantes que apoiaron a candidatura de Mariano Rajoy.
Dixen que cando un vai a un debate de investidura ten que ir cunha maioría suficiente e o que non é admisible é que o PP, que gañou as eleccións vote a quen as perda, que ademáis pretende derrogar todo o que Goberno popular fixo e substituílo polo programa do PSOE
Máis que un debate investidura, é un debate exposto para promocionar a figura Sánchez e no que Cidadáns participa.
O secretario xeral de PSOE o que busca é quedar ben con todos e está inmerso nunha confusión permanente.
Dixen que Pedro Sánchez engana a todo o mundo, por unha banda a Cidadáns ao pactar con eles un documento distinto aos múltiples que presentou onte a varias formacións políticas, nun intento á desesperada para lograr ser investido esta semana.
Pero, ademais, engana aos españois, porque tenta facerlles crer que sumando fotos de reunións, roldas de prensa e declaracións ampulosas un chega a ser investido presidente. Hai que sumar votos e iso é o que lle falta.
Tamén destaquei os vaivéns de Albert Rivera para os seus votantes, aos que expresou en múltiples ocasións e de maneira rotunda, que nunca apoiaría a un candidato que non gañase as eleccións.
Dixen que cando remate esta debate de investidura, Rajoy seguirá propoñendo a coalición de Goberno, que é a mellor para Espanña. É a opción da moderación. É unha opción que tenría 250 deputados no Congreso e que ten a maioría absoluta no Senado. É unha opcion que responde ao interése xeral dos españois e ao sentir maioritario dos cidadáns que cren na unidade de España, na soberanía nacional, na igualdade dos españois e na consolidación da recuperación económica e social que estamos a lograr en España, asi como na creación de emprego.
Un acordo liderado polo PP con PSOE e C´s sería "unha proposta moi clara, entendible, absolutamente democrática e a máis razoable.
Este é o ligazón de acceso á grabación:
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta