Interveño esta mañá no faladoiro de Radio Voz que modera Antía Diaz Leal e na que participaron José Ramón Amor Pan e Antón Arias
Falamos da reunión que a esa mesma hora estaba a celebrarse entre o líder do PSOE, Pedro Sánchez, e o de Podemos, Pablo Iglesias, para explorar se é posible que os seus partidos volvan negociar a formación de goberno, sen que os socialistas renuncien ao seu pacto con Cidadáns, co fin de evitar a repetición de eleccións.
Dixen que despois das manifestacións de onte do portavoz de Cidadáns, sobre que "se Pedro Sánchez dá un bandazo con Podemos, nós estaremos na oposición" e que "a posibilidade de estar nun goberno con PSOE e Podemos non é real" vía con escepticismo que se alcanzase un acordo efectivo.
En todo caso dixen que ao final o PSOE ten a querenza natural de pactar coa extrema esquerda, como se acreditou nos apoios para Podemos e confluencias en Madrid, Barcelona, Zaragoza, Valencia e Cádiz.
Critiquei a Sánchez por estar a xogar a dúas barallas, por unha banda reuníndose con Rivera e dicindo que o que quere é un goberno de moderación que non suma e ao mesmo tempo ir a Podemos a ver se suma cun goberno radical.
Tamén falamos da posibilidade de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sexa o candidato novamente ou que deixe a actividade política.
Expresei a miña convicción de que estamos ante o mellor candidato posible pois goza de grandes calidades para a xestión pública e acreditou unha gran traxectoria á fronte da Xunta. Dixen que goza dun apoio unánime no Partido Popular e que ata os adversarios políticos recoñécenlle gran mérito e capacidade.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta