Onte coñecemos que a afiliación media á Seguridade Social alcanzou 17.167.712 ocupados en febreiro, tras aumentar en 63.355 afiliados medios (0,37%).
Este resultado está en parte influenciado pola diminución de afiliados na agricultura tras o fin dunha boa campaña da oliva.
En canto ao dato desestacionalizado (32.492), rexistrou un aumento intermensual máis moderado que o de febreiro do ano pasado (67.428).
O Réxime Xeral aumentou en 58.167 persoas (0,42%), ata alcanzar os 13.950.613 ocupados. En febreiro, a afiliación creceu practicamente en todos os sectores: destacan Hostalería, 21.197; Construción, 20.584; Educación, 17.172 e Industria Manufactureira, 14.342.
O Réxime de Autónomos conta con 3.153.066 persoas, tras aumentar en 3.593 (0,11%).
O Réxime Especial do Mar incorporou 1.589 ocupados (2,70%) animado pola apertura da pesca do boquerón e a do verdel. Actualmente conta con 60.481 persoas.
A cifra de afiliados á Seguridade Social incrementouse durante o pasado mes na maioría das Comunidades Autónomas. Os maiores aumentos déronse en Cataluña (22.134) Baleares, (12.032), a Comunidade de Madrid (11.884),), a Región de Murcia (4.758) e Galicia (4.654). En sentido contrario, Andalucía (-7.509).
En termos interanuais, o segundo mes do ano pechou con 495.490 afiliados medios máis, o 2,97%, a mellor taxa dun mes de febreiro desde 2007. Este aumento débese en gran parte ao bo funcionamento do Réxime Xeral que suma 455.426 ocupados (3,37%).
Con respecto a febreiro de 2015, o conxunto do Sistema gañou 495.490 ocupados, o 2,97 %.
No Réxime Especial de Traballadores Autónomos hai que sinalar que a taxa aumentou un 1,23%, o que se traduciu nun aumento de 38.214 persoas. O Réxime do Mar aumentou un 3,90% (2.268) e o Carbón rexistrou un descenso de 417 persoas (-10,51%).
En relación ao ano pasado a ocupación creceu en todas as provincias e Comunidades Autónomas, destacando Baleares (5,14%), Comunidade Valenciana (3,64%), Cataluña (3,63%), Comunidad de Madrid (3,59%) e Canarias (3,50%).
GALICIA
A afiliación media á Seguridade Social alcanzou 935.536 ocupados en febreiro, tras aumentar en 4.654 afiliados medios (0,50 %).
En termos interanuais, o segundo mes do ano pechou con 17.691afiliados medios máis, un 1,93 %.
OURENSE
A afiliación media á Seguridade Social alcanzou 97.910 ocupados en febreiro, tras descender en 60 afiliados medios (-0,06 %).
En termos interanuais, o segundo mes do ano pechou con 502 afiliados medios máis, un 0,52 %.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta