Visito hoxe o concello
ourensán de Parada do Sil, un auténtico paráiso natural, que por ser día festivo rexistraba una gran afluencia de turistas e excursionistas.
Achegueime
ata o miradoiro de Os Torgás (ou Balcóns de Madrid) onde as vistas do canón do Sil e dos
espazos abertos de montaña son espectaculares. Xusto enfrente está o concello
lucense de Sober, outro paráiso natural.
Logo estiven no mosteiro
beneditino de Santa Cristina de Ribas de Sil, encravado nunha fermosa e
grandiosa paraxe á beira do río Sil, no castañal de Merilán, por debaixo do
monte Varona.
Como dí a web do
Concello, constitúe un dos grandes encantos monumentais e espirituais da
Ribeira Sacra, de máximo interese dende o punto de vista artístico e
arquitectónico.
Recomendo a todos que
visiten estas terras, disfruten da natureza e das paisaxes, do seu microclima
especiai, das fermosas carballeiras e antigos soutos, e da hospitalidade das
suas xentes.
http://www.paradadesil.es/index.html
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta