domingo, 27 de marzo de 2016

Sobre a vindeira semana parlamentaria

Reanudamos a actividade parlamentaria no Congreso. Así este próximo martes 29 de marzo, teremos as 10,00 horas sesión da Comisión de Industria, Enerxía e Turismo - da que son vogal -   na que debateremos varias proposicións non de lei

Unha relativa aos estaleiros públicos de Navantia na Baía de Cádiz a iniciativa do Grupo Parlamentario Socialista. 

Outra do Grupo Mixto relativa ao establecemento dun novo sistema de subministración eléctrica de prezo competitivo, estable e predicible para favorecer a competitividade das industrias básicas electro-intensivas. 

Unha do Grupo Parlamentario Podemos-En Comú Podem-En Marea sobre os incumprimentos dos gobernos do PP relativos a garantir as condicións das poxas para o servizo de interrumpibilidad da subministración eléctrica e definición dun modelo enerxético galego social e sustentable.

Outra do Grupo Parlamentario Socialista sobre actuacións para evitar o peche da Mina de Aguablanca (monesterio-Badaxoz). 

Unha sobre a moratoria e a prohibición de técnicas de prospección de hidrocarburos mediante o sistema de fractura hidráulica (fracking) a iniciativa do Grupo Parlamentario de Esquerra Republicana. 

E finalmente outra sobre as indemnizacións derivadas da extinción da concesión de explotación do almacén subterráneo de gas natural "Castor" a iniciativa do Grupo Parlamentario Podemos-En Comú Podem-En Marea,

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta