jueves, 3 de marzo de 2016

Valorando o debate de "non investidura" en Radio Voz

Interveño  esta mañá no programa Voces de Galicia que dirixe o xornalista Isidoro Valerio que me entrevistou para coñecer a miña opinión sobre o ocorrido onte no Congreso e sobre o que ocorrerá a partir de agora.

Dixen que onte vivimos un fracaso do candidato Pedro Sánchez que  chegou con poucos apoios e tras o longo debate non concitou ningún máis.

E todo iso despois de semanas de roldas de prensa, grandes frases e negociacións a varias bandas.

E lamentei que o seu aliado, Albert Rivera, non forzase ao seu socio socialista - que obtivo o peor resultado da historia - para sentar para falar co PP para negociar unha gran coalición.  Cualifiquei de política vella o falar de pinza entre Podemos e PP para evitar a investidura, un argumento que me lembraba a época de Anguita.

Dixen que o inconcibible é que un partido que ten corenta deputados, pretenda que o que lle triplica en votos, é dicir o PP, renuncie a liderar ese goberno de coalición e ademais que prescinda do seu líder. 

Un Mariano Rajoy que ao meu xuízo onte estivo brillante na súa intervención matinal, demostrando a súa gran condición política e o seu dominio da tribuna parlamentaria. Hoxe recoñéceo así no seu editorial de La Voz de Galicia, Fernando Onega.

Dixen, que aínda que hoxe pareza que a única saída sexan unhas próximas eleccións, é a nosa obrigación, no prazo de dous meses que onte comezou, a buscar puntos en común con Cidadáns e socialistas.

Se quere escoitar á entrevista pode premer este link



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta