lunes, 11 de abril de 2016

A Gran Coalición é a única posibilidade razoable para evitar novas eleccións

Hoxe houbo reunión do Comité de Dirección do GPP e ao finalizar, o noso portavoz Pablo Casado manifestou que o PP estaría encantado de abrir un diálogo co líder socialista, Pedro Sánchez, cando este demostre que non está a xogar "a dúas barallas" e deixe os seus xogos de "trileiro e de xogar a dúas barallas". "A pelota segue no tellado de Sánchez e se hai eleccións será a súa responsabilidade", sentenciou.

"Aínda queda moito para poder configurar unha maioría de goberno que estea encabezada polo PP, o partido que gañou as eleccións", e engadiu que "nós non nos imos a deixar traizoar". "Hai tempo para pactar, o que non é serio é que se nos traizoe ou se nos instrumentalice".

"A gran coalición que o presidente Rajoy propuxo ao día seguinte das eleccións segue sendo posible, pero o Partido Popular non pode traizoar os seus principios e os seus eixos programáticos fundamentais", argumentou en referencia ás 200 medidas pactadas entre o PSOE e Cidadáns que incluían unha emenda á totalidade da Lexislatura e ás 20 medidas de Podemos.   

Os sinais de identidade do PP son os suAS liñas vermellas e por iso o Partido Popular propuxo os cinco pactos que ofreceu Rajoy, porque nestes asuntos si hai puntos de coincidencia?cos programas de PSOE e Cidadáns.
     
Desde o Partido Popular sempre se mantivo que hai tres opcións de alcanzar un acordo: un acordo de investidura, un acordo de lexislatura ou un pacto de goberno, e neste último poderíase falar de si no gabinete hai membros doutras formacións.

O voluntarismo de Sánchez foi un profundo erro que estamos a pagar todos:

Voluntarismo é malgastar máis de 110 días con declaracións, fotos, reunións e retórica de costas á realidade e á aritmética. 

Voluntarismo é ir a propósito a fracasar no debate de investidura co voto en contra de case dous terzos do Congreso e esixir adhesións incondicionais á súa malograda proposta. 

Voluntarismo é prometer aumentos inasumibles do gasto público e ignorar as obrigacións derivadas da pertenza de España ao núcleo da Unión Europea. 

Voluntarismo é acordar a reforma constitucional con Cidadáns, forzar unha reunión a tres con Podemos para falar do dereito de autodeterminación e seguir vetando ao gañador das eleccións, o Partido Popular. 

Voluntarismo é negarse a falar de "cadeiras" e á vez esixir unha por encima de todo: "a cadeira de Presidente para Sánchez"

Insistimos, é o momento de que o líder socialista recoñeza o que o Presidente
Mariano Rajoy xa dixo o 20-D: a Gran Coalición é a única posibilidade razoable para evitar novas eleccións. 

A recuperación económica é aínda fráxil, polo que é imprescindible articular un goberno de base ampla. España necesita un proxecto viable centrado na seriedade: 

Seriedade é respectar o resultado das urnas. 

Seriedade é recoñecer as bondades do modelo de convivencia da Constitución do 78 e apostar por un Gran Pacto entre as principais forzas políticas constitucionalistas. 

Seriedade é apostar por buscar acordos nas cuestións esenciais como as políticas sociais, educativas, no modelo fiscal e o financiamento autonómico para seguir impulsando o crecemento económico e o emprego.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta