Asisto
onte en Carballeda de Avia ao congreso
local do Partido Popular. Tiven a oportunidade de saúdar aos militantes e
simpatizantes deste concello, algúns vellos coñecidos e esforzados
traballadores en moitas campañas electorais.
Foi elixido presidente da
xunta local, Marcos Ríos Alén, un home
novo, nado en 1980 e que exerce na actualidade de voceiro do PP na corporación
de Carballeda, que preside un alcalde do PSOE.
Lembrar que nas eleccións locais de 2015
obtivemos neste Concello o 32,72 % dos votos e nas recentes xerais o PP acadou
o respaldo do 37,32 %
Logo
da súa proclamación como novo presidente da xunta local, Marcos Ríos agradeceu
o apoio dos seus e do PP ourensán engadindo que se sinte con forza e ilusión
para afrontar esta nova etapa, “na que desexo facer o mellor equipo para gañar
as próximas eleccións locais e que só dependa de nós formar o mellor goberno
para o noso municipio”.
Ríos comprometeuse a defender o interés xeral de todos os veciños, “aplicando o
sentido común, sen discriminacións partidistas e demostrando o que unha
formación como o Partido Popular pode facer pola riqueza do noso municipio, apoiando ás empresas, aos emprendedores e aos
proxectos que poñan en valor os activos do noso entorno”.
Na
súa intervención, Baltar afirmou “os
gobernos, en calquera nivel institucional, nacen dos partidos e non ao revés,
por iso é fundamental que contemos cunha formación sólida, cohesionada e
traballadora na que os ourensáns vexan reflectido un goberno de futuro”.
Estou convencido que esta nova Xunta Local, presidida por Marcos Ríos levará nas vindeiras eleccións locais ao Partido Popular a gobernar este fermoso concello do Ribeiro, no que se pode admirar a Serra da Pena Corneira, un dos espazos protexidos máis importantes de Galicia, con imponentes e suxestivas rochas graníticas.
Estou convencido que esta nova Xunta Local, presidida por Marcos Ríos levará nas vindeiras eleccións locais ao Partido Popular a gobernar este fermoso concello do Ribeiro, no que se pode admirar a Serra da Pena Corneira, un dos espazos protexidos máis importantes de Galicia, con imponentes e suxestivas rochas graníticas.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta