viernes, 22 de abril de 2016

Autorizadas obras complementarias no túnel de Bolaños da LAV Madrid-Galicia

Destaco dos acordos adoptados hoxe no Consello de Ministros, un polo que se autoriza a execución de obras complementarias, por importe de 19.159.380 euros, IVE incluído, no tramo Vilariño-Campoberros (vía esquerda), correspondente á Liña de Alta Velocidade (LAV) Madrid-Galicia, ao seu paso pola provincia de Ourense.

Esta actuación contribuirá a reforzar e consolidar o avance na escavación do túnel de Bolaños, co obxecto de atender ás singularidades xeolóxicas detectadas na súa execución, mediante a inxección dunha resina expansiva especialmente indicada para este tipo de operacións.

Tramo Vilariño-Campobecerros (vía esquerda)

O tramo Vilariño-Campobecerros (vía esquerda), de 7,9 km de lonxitude, está integrado no seu maior parte polo túnel de Bolaños (6,7 km), único da liña escavado con tuneladora. Trátase dun túnel bitubo (unha vía por cada tubo): o destinado á vía esquerda atópase en fase de escavación, mentres que o tubo dereito xa está finalizado.

O túnel de Bolaños atópase situado nos termos municipais de Castrelo do Val e Vilariño de Conso, ambos na provincia de Ourense.

Para a execución do túnel utilízase unha máquina tuneladora TBM, consistente nun escudo simple para roca, dotada dunha roda giratoria de corte do terreo no seu parte frontal. O material escavado é evacuado ao exterior do túnel mediante unha cinta de transporte continua.

O sistema de execución con TBM permite un sistema de construción continuo no que se reviste a escavación de forma inmediata, mediante a colocación das dovelas de formigón prefabricado, deixando terminada a sección do túnel a falta dos acabados, plataformas e drenaxe interior. Unha vez construído, a sección do túnel será de 52 m2 e aloxará unha vía de ancho estándar ou UIC (1.435 mm).

O tramo Vilariño-Campobecerros (vía esquerda) tamén inclúe a construción de varias galerías de comunicación entre os túneles de vía dereita e vía esquerda, galerías separadas entre si aproximadamente 400 m e cunha sección duns 18 m2.

O túnel terminarase cun falso túnel construído ao descuberto en cada un dos seus extremos, con lonxitudes de 54,2 m e 18 m, que permitirán a integración ambiental dos emboquilles.

Sen dúbida é unha boa noticia este aporte de fondos para atender unha contixencia derivada das singularidades xeolóxicas deste complexo túnel de Bolaños que tiven oportunidade de visitar o pasado 25 de xaneiro.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta