Fágome eco hoxe da recente publicación no BOE do pasado 14 de abril, da licitación pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), por importe de 82.975 euros do contrato de redacción do proxecto construtivo para a mellora do saneamento de Velle, en Ourense.
O obxectivo deste traballo é obter a mellor solución ao problema do saneamento existente na zona, concretamente exponse dúas alternativas a estudo, por unha banda, a incorporación das augas residuais do núcleo de Velle ao saneamento xeral e, por outra, a execución dunha infraestrutura de depuración de augas residuais que cubra as necesidades concretas da zona.
O prazo máximo de redacción do proxecto estímase en 7 meses. A presentación de ofertas é ata as 14,00 horas do próximo 4 de maio de 2016.
Unha actuación que é unha clara expresión da construtiva colaboración entre administracións, neste caso entre a CHMS, organismo autónomo, que preside Francisco Marín e o Concello de Ourense que preside Jesús Vázquez e que se plasmou neste caso nun protocolo asinado o pasado 29 de xaneiro.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta