O número de parados en España incrementouse lixeiramente en 11.900 persoas durante o primeiro trimestre. Hai 4.791.400 parados.
Ao mesmo tempo, o número de ocupados descendeu en 64.600 persoas entre xaneiro e marzo. Hai 18.029.600 españois traballando nestes momentos.
A pesar de que ambas as cifras poidan parecer negativas nun primeiro momento, hai que ter en conta varias consideracións que apontan todo o contrario:
- O primeiro trimestre é un período historicamente adverso para o mercado laboral español. De feito, e salvo en 2014 e 2015 (cando baixou o paro grazas ás reformas do PP), o desemprego sempre crece nos arranques do ano.
- En termos desestacionalizados (é dicir, sen contabilizar o efecto de calendario e tempada que varían segundo os anos), o paro si baixou (nun 2,74%) e si se creou emprego (nun 0,87%) neste trimestre.
-En comparación ao mesmo momento do ano precedente, a creación de emprego crece ao mellor ritmo desde o ano 2007. Hai 574.800 persoas máis traballando que en marzo de 2015 e constátase a recuperación tamén neste ámbito.
- En canto ao paro, hai 653.200 españois menos nas listas do desemprego que hai un ano.
- Todo isto quere dicir que se crea emprego a un ritmo do 3,29% e redúcese o paro a un 12%.
-A taxa de paro total en España baixou en 2,78 puntos no último ano (sitúase nestes momentos no 21%). Desde o peor momento da crise (primeiro trimestre de 2013), a taxa xeral de paro baixou en case seis puntos.
- España crea emprego á mesma velocidade que crece a economía. Todo o crecemento reflíctese agora no emprego.
Así mesmo, o paro entre os mozos de 16 a 24 anos si que baixou tanto no trimestre como no ano. En concreto, hai 17.500 persoas novas parados menos que en decembro de 2015 e 112.100 menos que en marzo de 2015.
O paro baixa entre os mozos a un ritmo do 14,32%. Dous puntos por encima da media xeral. A taxa de paro xuvenil caeu en nada menos que cinco puntos en só un ano.
Concluindo, os datos do mercado laboral constatan que a recuperación económica é sólida. A pesar da incerteza política, España segue baixando o paro e creando emprego en taxas anuais e desestacionalizadas, que son os indicadores de fondo e non se reducen a tendencias puntuais de tempada.
As reformas emprendidas polo PP deron o seu resultado. A Estratexia de Emprego Novo propiciaron que o paro xuvenil baixe a un ritmo do 14,3% e a reforma laboral, no seu conxunto, logrou que se xeren postos de traballo ao mesmo ritmo que crece a economía (ao redor dun 3% ambos os casos).
España segue creando case 600.000 novos empregos ao ano. Hai que manter ese obxectivo con políticas serias e gobernos estables. O gran obxectivo do PP sigue sendo alcanzar 20 millóns de españois traballando (hai 18 nestes momentos).
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta