Desde o luns 4 de abril, Renfe incrementou os servizos ferroviarios entre Lugo e Madrid con dúas novas frecuencias diarias por sentido mediante trens con ligazón en Ourense; mellorando a oferta horaria e as oportunidades de viaxe ao longo do día.
Desta maneira, duplícanse as posibilidades de viaxar a Madrid, con tres servizos diúrnos e un nocturno, fronte a un servizo diúrno e outro nocturno existentes na actualidade.
Estas novas conexións están a realizarse grazas á posta en servizo dun novo tren de Media Distancia de ida e volta entre Lugo e Ourense e mediante a adecuación dos horarios dos servizos de Media Distancia que circulan entre A Coruña, Lugo e Monforte de Lemos, que se prolongan ata Ourense.
Isto permite enlazar na estación de Ourense con dúas dos servizos Alvia que circulan entre Madrid - Vigo / Pontevedra e Madrid - A Coruña / Ferrol por sentido, dispoñendo de trens desde Lugo con destino Madrid ás 8:26, 11:10, 16:00 e 23:56, e desde Madrid con destino Lugo ás 7:15, 13:05, 15:00 e 22:14.
Os tempos de viaxe destes dous novos trens con ligazón sos similares aos trens directos.
Ademais, créanse dous novos servizos entre Lugo e Ourense, dous de ida e dúas de volta, mediante trens de Media Distancia.
Felicito a Renfe por esta decisión e quero recoñecer o gran traballo do meu compañeiro deputado por Lugo, Joaquín García Díez, que foi peza crave na consecución destes novos servizos para todos os lucenses.
Agora toca difundir estos novos servizos para que podan ser utilizados por lucenses e ourensáns.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta