jueves, 28 de abril de 2016

EPA I Trimestre 2016: En Galicia con respecto ao primeiro trimestre do ano 2015, o número de parados baixa en 47.800 persoas (un 17,3%) e a taxa de paro 3,6 puntos.

Difunde hoxe o INE a Enquisa de Poboación Activa correspondientes ao I Trimestre de 2016.

Estos son algúns dos datos referidos a Galicia:

No primeiro trimestre de 2016 a poboación galega de 16 ou máis anos situouse en 2.351.100 persoas, das cales 1.249.000 clasifícanse como activas, o que sitúa a taxa de actividade no 53,1%. Con respecto ao trimestre anterior, o número de activos diminúe en 6.200 persoas e a taxa de actividade dúas décimas.

Con respecto ao mesmo trimestre de 2015, o número de activos diminúe en 14.200 persoas e a taxa de actividade faino en catro décimas.

A ocupación diminúe en 11.400 persoas no primeiro trimestre de 2016 respecto á cifra do trimestre anterior e sitúase en 1.021.100 ocupados. A taxa de ocupación cae cinco décimas neste trimestre ata o 43,4%.

Nos últimos doce meses o número de ocupados aumentou en 33.600 persoas, o que supón unha suba do 3,4% en termos relativos.

Por sexo, neste trimestre baixa a ocupación masculina e a feminina: o número de ocupados varóns diminúe en 8.200 persoas respecto ao cuarto trimestre do ano 2015 e a ocupación das mulleres baixa en 3.200 persoas. En termos de taxas de ocupación, isto tradúcese nunha caída da taxa de ocupación masculina de sete décimas e de dúas décimas na feminina.

Con respecto ao primeiro trimestre do ano 2015, o número de homes ocupados aumenta en 13.900 persoas (un 2,7%), mentres que o de mulleres ocupadas faino nun 4,2%.

En Galicia había 797.600 asalariados no primeiro trimestre de 2016, 598.300 con contrato indefinido e os 199.300 restantes con contrato temporal. Con respecto ao trimestre anterior rexístranse 6.900 asalariados menos con contrato indefinido, o que supón unha diminución do 1,1%. O número de asalariados suxeitos a un contrato temporal baixa en 7.800 persoas (o que supón, en termos relativos, unha caída do 3,8% con respecto ao cuarto trimestre de 2015). No que respecta á variación interanual, os asalariados con contrato indefinido subiron un 1,1% e os asalariados con contrato temporal un 9,2%.

A taxa de temporalidade, calculada como a porcentaxe de asalariados con contrato temporal sobre o total de asalariados, diminúe 5 décimas neste trimestre, ata situarse no 25%.

No primeiro trimestre de 2016 en Galicia había 227.900 persoas en paro, 5.200 máis que no trimestre anterior. A taxa de paro aumenta 5 décimas ata o 18,2%.

Con respecto ao primeiro trimestre do ano 2015, o número de parados baixa en 47.800 persoas (un 17,3%) e a taxa de paro 3,6 puntos.

Por sexo, con respecto ao trimestre anterior, aumenta o paro masculino e o feminino: o número total de homes parados sitúase en 114.600 persoas (3.300 máis que hai tres meses) e o de mulleres é de 113.300 persoas (1.900 máis). A taxa de paro masculina aumenta, en consecuencia, 6 décimas e a feminina 3 décimas, situándose a primeira no 17,6% e a segunda no 18,9%.

No tocante á variación interanual, o número de parados entre o sexo masculino diminúe en 28.300 persoas (un 19,8% menos), e entre o feminino en 19.500 persoas (un 14,7% menos que hai un ano).

No primeiro trimestre de 2016, o número de fogares nos que todos os seus membros activos están en paro aumenta en 5.100 unidades e sitúase en 80.200. Respecto ao primeiro trimestre de 2015 esta tipoloxía de fogares cae un 15,5%.

Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus membros activos son ocupados baixa en 6.700 unidades. O número de fogares nesta situación é de 548.800. En relación co mesmo trimestre do ano anterior hai 31.000 fogares máis nesta situación, o que supón unha suba do 6% en termos relativos

Dos 330.200 mozos galegos de entre 16 e 29 anos, 117.300 (o 35,5%) están ocupados, 53.700 (o 16,3%) parados e os 159.200 (o 48,2%) restantes son inactivos.

A taxa de ocupación deste colectivo sitúase no 35,5% no primeiro trimestre de 2016. Con respecto ao trimestre anterior aumenta 6 décimas e con respecto ao mesmo trimestre do ano 2015 medra 2,7 puntos.

A taxa de paro xuvenil baixou durante o trimestre 7 décimas ata situarse no 31,4%. En comparación co primeiro trimestre de 2015 diminuíu 5,8 puntos.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta