Participo hoxe como
invitado no faladoiro da emisora Radio Líder Ourense, nun programa magazine
que conduce Juan José Feijóo.
Compartín micrófono con José Luis Rodríguez Cid, Xosé
Lois González Vázquez “O Carrabouxo” e
Benito Iglesias. E falamos fundamentalmente de infraestruturas que afectan á
provincia de Ourense, en concreto da autovía A-76 e das obras para a chegada
da alta velocidade a Ourense.
Sobre a autovía
Ourense-Ponferrada dixen que estabamos ante unha actuación decisiva para a
conexión de Galicia con Castela-León e para dotar de boas comunicacións ás comarcas
de Lemos, Valdeorras e o Bierzo.
Insistín en que a actual estrada nacional 120
non reúne as condicións de calidade necesaria para satisfacer as necesidades
actuais e futuras e que era unha reclamación xusta e necesaria. E que as obras a executar serán respetuosas co medio ambiente como establece a DIA.
Respecto das obras
para traer a alta velocidade a Galicia, destaquei o enorme esforzo orzamentario
que se fixo nesta lexislatura e que isto posibilita que – despois da inauguración
en decembro pasado das novas vías ata Zamora - xa esteamos hoxe nun tempo de viaxe desde
Ourense a Madrid inferior ao que se inviste utilizando un automóbil.
Resaltei
que o máis importante non é do debate das datas de remate final, senón o do
esforzo orzamentario para impulsar unhas obras moi necesarias. E comproimetín desde
o PP vontade política e recursos orzamentarios para seguir impulsando esta obra
de Estado.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta