jueves, 28 de abril de 2016

EPA I T 2016: Hai 5.100 parados menos en Ourense que no primeiro trimestre de 2015

Continuando co estudio da EPA do I Trimestre de 2016, estos son os datos principais referidos a provincia de Ourense:

No primeiro trimestre de 2016 a poboación ourensá de 16 ou máis anos situouse en 277.400 persoas, das cales 129.000 clasifícanse como activas. Outros datos dan enquisa son:

- Ocupados: 102.200. No último trimestre de 2015 eran 106.700, o que representa unha baixada de 4.500 persoas. A Variación interanual é negativa en 2.400 persoas, pois no primeiro trimestre de 2015 foron 104.600 os ocupados.

- Parados: 26.900. No último trimestre de 2015 eran 24.700 o que representa un aumento de 2.200 persoas. 

A Variación interanual acredita un descenso do paro  de 5.100 persoas, pois no primeiro trimestre de 2015 foron 32.000 os parados. Comparando este dato cos do primeiro trimestre de 2013, temos en Ourense 6.500 parados menos.

- Taxa de Actividade: 46,52 %. Baixou en 1,88 puntos con respecto ao primeiro trimestre de 2015.

- Taxa de Paro: 20,83 %. Baixou en 2,57 puntos con respecto ao primeiro trimestre de 2015.

- Taxa de Ocupación: 36,8 %. 


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta