Salientar
que hoxe O Consello de Goberno da Xunta
de Galicia autorizou a sinatura dun convenio de colaboración entre a Secretaría
Xeral para o Deporte e a Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense,
Expourense, para a construción no recinto feiral da primeira pista de atletismo
hidráulica cuberta de Galicia.
Este
autorización segue á dada no día de onte polo Padroado da Fundación, presidida
polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde.
A nova pista, que será construída neste ano a
través do investimento da Secretaría Xeral para o Deporte de máis de 2.700.000
euros, permite a compatibilidade de uso coas feiras que se celebran en
Expourense.
Esta compatibilidade fará que a instalación sexa máis competitiva e
favorecerá a súa internacionalización e o aumento dos días de ocupación do
recinto, o que supón un impacto económico para Ourense e o resto de Galicia.
Ademais, a
pista poderá acoller citas autonómicas e nacionais e garante a posibilidade de
organizar campionatos internacionais de atletismo, convertendo Expourense nun
referente do noroeste español na organización de eventos deportivos.
Logo da
subscrición do convenio hoxe autorizado, a Secretaría Xeral para o Deporte
procederá á publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio da licitación
conxunta do proxecto e da obra.